Vinte e oito artistas ourensáns claman coas súas obras artísticas pola Paz

IMG_6701Xa é posible contemplar no Auditorio Municipal de Ourense a mostra colectiva ‘A Musa da Paz’ ata o 24 de setembro. A exposición colectiva de 28 artistas que de forma soldaría contribuíron cunha obra sobre o tema da paz. Deste xeito queren conmemorar o Día Internacional Mundial da Paz que vai ser o vindeiro 21 de setembro.

Comisariada pola pintora ourensá Ehlaba Carballo, a selección de artistas fíxose de acordo coa súa vinculación con Ourense. Artistas homes e mulleres nunha proporción do 50%. Ademáis, Carballo seleccionou os artistas cuxa obra le gustaba e cuxa filosofía da vida conectaba co tema da paz. E a maioría da obra exposta fíxose de xeito especial para esta ‘A Musa da Paz’.

Na presentación, Ehlaba Carballo en referencia a ela e os seus compañeiro afirmou: “Nós dámolo todo”, “Sempre colaborando”.

Pola súa parte, Artur Alonso, presidente do Instituto Galego de Estudos Internacionais e da Paz, IGESIP, destacou a necesidade de crear “pequenos grupos de convivencia, intercambio e comunicación” para divulgar a visión da paz que ten o IGESIP.

Falou Alonso de tres obxectivos. O primeiro para conseguir a paz interior do individuo e poder construír unha paz duradeira exterior, botar man da “intelixencia ética” que domine as nosas habilidades cognitivas. En segundo lugar,  pacificación da sociedade entre si e co medio ambiente a través de formas de participación cidadá.  E, en terceiro lugar, fomentar un diálogo permanente entre os pobos e as culturas.

Interveu tamén a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias que se amosou orgullosa de que “se poida colaborar con iniciativas construtivas e xeradoras de valores cívicos como a paz, tan imprescindible”.

Na súa quenda, a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, lembrou tres dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU para este ano: Eliminar a pobreza; Protexer o Planeta; e garantir a prosperidade para todas as persoas. Godoy terminou con este lema: “Onde a ira xera convulsións que responda a paz”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada