Salvaterra preparada para ser a capital da Orquídea durante esta fin de semana

IMG_6707Esta tarde o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, e a primeira Tenente de Alcalde, Marta Valcárcel pasaban revista a carpa de cerca de 400 metros cadrados onde xa, na tarde do venres, acumulábanse centos de Orquídeas e complementos para o seu cultivo que van a formar para da I Feira-Exposición Internacional de Orquídeas que se celebra este sábado 17 e o domingo 18 no parque-xardín A Canuda, fronte ao orquidiario ou xardín botánico de Orquídeas.

Dispúxose tamén na carpa dunha zona para as conferencias que impartirán a Presidenta da Asociación Portuguesa de Orquidofilia, APO, Graciela Meister, intervirá coa 1ª Feira-Exposición Internacional de Orquídeas, o sábado 17 de setembro, coa conferencia sobre o mantemento e cultivo de Orquídeas phalaenopsis, ás 17.00 horas no parque-xardín A Canuda, en Salvaterra.

O domingo 18, ás 16.30 horas, José Costa, técnico estudoso en Orquídeas impartirá outra conferencia sobre o cultivo de Orquídeas Denbrobium e a súa montaxe nas árbores, tamén no parque da Canuda que conta cun xardín botánico de Orquídeas.

Ademais haberá actividades musicais como a actuación dun Grupo de Baile e banda de gaitas, Pontenova, tres concertos de piano, e celebraranse dous sorteos de Orquídeas entre os visitantes á Feira-Exposición o sábado e o domingo.

O programa desta 1ª Feira-Exposición Internacional de Orquídeas está organizado polo Concello de Salvaterra de Miño.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada