Iniciadas as obras de reforzo de firme na estrada PO-409, entre Salvaterra e A Rañada, coa fin de mellorar a seguridade viaria

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, e a secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, no treito no que se actúa está comprendido entre os puntos quilométricos 0+140 e 0+720 da estrada.

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, e a secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, no treito no que se actúa, comprendido entre os puntos quilométricos 0+140 e 0+720 da estrada.

A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, e o xefe do servizo da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) na provincia, Fausto Núñez, acompañaron hoxe ao alcalde de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, para supervisar o inicio das obras de reforzo de firme na estrada PO-409, entre Salvaterra e A Rañada, coa fin de mellorar a seguridade viaria.

Estas actuacións que leva a cabo a Consellería de Infraestruturas e Vivenda foron adxudicadas á empresa Arias Infraestructuras por un importe de máis de 243.000 euros. Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses.

O treito no que se actuará está comprendido entre os puntos quilométricos 0+140 e 0+720 da estrada PO-409, que une Salvaterra (PO-403) e A Rañada (PO-510).
O obxecto destes traballos é mellorar a capa de rodadura da estrada para acadar un incremento na seguridade viaria. Así mesmo, preténdese analizar o actual funcionamento da rede de evacuación de augas fecais e pluviais co fin de realizar as actuacións necesarias que permitan a súa evacuación e transporte de forma separativa.
As principais actuacións a executar son a instalación dunha nova rede de saneamento (pluvial e fecal); estendido dunha capa de firme de 5 cm de formigón bituminoso en quente; e o repintado de todas as marcas viarias do treito de actuación.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada