Máis de 200 delegados dos centros PEN dos cinco continentes asisten ao 82º Congreso Internacional en Ourense

Lema: “Erguendo pontes literarias/Construyendo puentes lilterarios/Building literary bridges/Énger des ponts littéraires

Yolanda Castaño.

La escritora Yolanda Castaño.

Os escritores máis interncionais acuden a 82 edición do Congreso do PEN Internacional, que se celebrará na cidade de Ourense entre o próximo luns, 26 de setembro, ata o domingo, 2 de outubro, no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, que se celebra nesta ocasión baixo o lema “Erguendo pontes literarias/Construyendo puentes lilterarios/Building literary bridges/Énger des ponts littéraires“.

A xornada inaugural arrancará coas reunións dos comités do PEN Internacional. Pola tarde, ás 19,30 horas, convocamos a todos os medios de comunicación á concentración de todos os participantes na Praza Bispo Cesáreo da cidade, que partirán posteriormente cara o Teatro Principal, acompañados da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Alí, terá lugar o acto Ourense Literario presentado polo escritor ourensán Bieito Iglesias: “Lembranza de: Eduardo Blanco – Amor, Carlos Casares, Antón Risco, Antón Tovar, Pura Vázquez, Marcos Valcárcel e Xosé Fernández Ferreiro”. Tamén participará a compañía de teatro A Panadaría.

Ás 22,00 horas, o Liceo de Ourense acollerá a recepción oficial do Congreso, da man do alcalde da cidade, Jesús Vázquez Abad.

O martes, ás 09,00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, inaugurarse a exposición “Libertas”, de Olegario Sampedro. Unha iniciativa que nace co fin de potenciar a defensa da liberdade de expresión como un dereito inalienable do ser humano, así como divulgar a cultura de paz. Especificamente, trata de facer visible a realidade ao longo da historia –e na actualidade- de todos aqueles escritores que, nalgún momento, viran vulnerados os seus dereitos fundamentais de expresión como consecuencia directa ou indirecta da redacción ou publicación das súas obras. Pretende a concienciación, primordialmente, na poboación xuvenil e, concretamente, dentro do contexto escolar.

Na 82 edición do Congreso do PEN Internacional, estarán presentes arredor de 200 delegadas e delegados dos centros PEN dos cinco continentes. Deste xeito, asistirán representantes dos Centros PEN de toda Europa, así como de Sierra Leona, Sudáfrica, Togo, Uganda, Kenya, Ghana, Bielorrusia, China, Corea do Sur, Corea do Norte (no exilio), Kyrgyzstán, Kazajstán, Líbano, Bangladesh, Tíbet, Ucrania, Jordania, Macedonia, Taipei, Xapón, Filipinas, Myanmar, Irán (no exilio), Colombia, Chile, Arxentina, Puerto Rico, Haití, Canadá e Estados Unidos, así como os Centros PEN Langue D’Oc, Esperanto e Flamenco. Tamén asistirán delegados dos Centros PEN de Euskadi e Catalunya.

Entre os participantes, destacan como convidados especiais Claudia Piñeiro, Nélida Piñón, Eric Lax, Laura García Lorca, Paco Audije, Rui Madeira, António Barroso, Luis García Montero, Almudena Grandes, Mariasun Landa, Alex Sussana e os galegos Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Fernando Ramallo, Davide Salvado e outros moitos.

Programa

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada