O legado de Isla Couto chega á capital de Galicia cunha exposición

A facultade de Filosofía da USC acolle ata o próximo 21 de outubro a mostra ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’, que subliña a traxectoria do académico, profesor e economista

Isla Couto1

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e dous profesores da USC.

A exposición ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’ chega a Santiago de Compostela para difundir e poñer en valor a traxectoria dun “home que se comprometeu firmemente co proxecto común de construír Galicia e que integrou esa vontade na súa maneira de vivir”. Así o asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a apertura da mostra, á que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que tivo lugar na sede da facultade de Filosofía da USC, onde se pode visitar ata o próximo 21 de outubro.

“Os fitos que inzan a vida de Isla Couto aos que hoxe podemos aproximarnos nesta mostra anímannos a reflexionar neste legado”, dixo Anxo Lorenzo, que tamén tivo palabras de recoñecemento para todo o galeguismo dos tempos difíciles pola súa “constancia e a teima no seu traballo en prol da cultura e da sociedade galega”.
Isla Couto
Membro da Real Academia Galega, avogado, ensaísta e catedrático de universidade, Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1915 – Vigo, 25 de abril de 2012) foi un dos persoeiros fundamentais no galeguismo político, cultural e económico do século XX. Fundador da Federación de Mocedades Galeguistas, liderou, xunto con Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, en 1950, a creación da Editorial Galaxia. Tamén promoveu a editora SEPT e dirixiu a ‘Revista de Economía de Galicia’ e a ‘Revista Galega de Estudos Agrarios’. Polo seu labor recibiu distinguidos recoñecementos, como a Medalla Castelao (1987), o Premio Trasalba (1992) e a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2001).Isla Couto

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Etiquetas: