Teatro e literatura inauguraron a 82 edición do Congreso do PEN Internacional na que participan 194 escritores de 75 Centros PEN de todo o mundo

Luis Tosar foi Premio da Crítica Española, Premio da Crítica Galicia e Medalla Castelao.

Luis Tosar foi Premio da Crítica Española, Premio da Crítica Galicia e Medalla Castelao.

O Teatro Principal de Ourense foi o escenario elixido para acoller o acto inaugural da 82 edición do Congreso do Pen Internacional, que reunirá ata o próximo domingo, 2 de outubro, a 194 participantes de 75 Centros PEN de todo o mundo. Previamente, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, deu a benvida na sé provincial ó comité executivo do Pen Internacional, encabezado pola súa presidenta, a escritora mexicana, Jennifer Clement, para trasladarse posteriormente á concentración de todos os delegados e participantes chegados dende todo o mundo na Praza Bispo Cesáreo.

Neste lugar, está instalada a “Empty”,Chairobra de Acisclo Manza representación de escritores, xornalistas, editores, blogueiros e todos aqueles que traballan coa palabra.

Os participantes, acompañados por Manuel Baltar e a Real Banda de Gaitas da Deputación

de Ourense, dirixíronse cara o Teatro Principal, onde deu comezo o espectáculo “Ourense  Literario”, anteongresistasos e outrasc personalidades políticas: o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, entre outros.

O programa contou cunha representación da compañía de teatro A Panadaría e a intervención, en nome do PEN Galicia, do escritor ourensán Bieito Iglesias, escritor do exitoso “Ourense”,dequeourolembroucritoresásvinculadosescritorasáorganización e es que xa non están: Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares, Antón Risco, Antón Tovar, Pura Vázquez, Marcos Valcárcel e Xosé Fernández Ferreiro.

A continuación, o actual presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar, fixo un breve  repaso da historia da organización galega de escritoras e escritores e recordou o “bo ”facer dos seus predecesores, quen dirixiron o PEN dende a súa creación hai 27 anos: Alfredo  Conde, Úrsula Heinze e Carlos Casares. Durante a súa intervención, Tosar lembrou que logo da celebración do Congreso do PEN Internacional en 1993 en Santiago de Compostela, “esta é a segunda vez que a cita chega a Galicia, sendo Ourense a cidade literaria por excelencia”.

O presidente deu a benvida ós asistentes, reafirmouse nos principios que sosteñen o PEN e incidiu en que “a  lingua  e  a  literatura  galegas son  Traballamos para que transcenda e vaia máis alá das fronteiras, promovemos a tradución e  todo tipo de accións encamiñadas á proxección exterior dunha literatura das máis antigas  de Europa, de aí o lema ‘Erguendo  pontes’,porqueliterariasconcebimosgalega a como unha ponte entre dous grandes ámbitos literarios: o mundo hispano e a lusofonía”.

Neste sentido, Tosar insistiu en que “dende o PEN Galicia, alentamos a creación de centros PEN en Angola, Monzambique, Cabo Verde, Guinea Bissau e todos aqueles países de  Iberoamérica nos que aínda non hai PEN ou non está realmente vivo”.

Rematou dirixíndose ás autoridades para agradecerlles o seu apoio, recordando que “Galicia é unha nación cultural e que, como tal, debe desenvolverse no concerto das mulleres e homes que teñen mau do mundo coas súas palabras”.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada