RFG, dirixida por Adriana Winkler, toca no centro sociocultural de Santa Marta

 Adriana Winkler estudou na Universidade de Música de Bucarest. Entre 2007 e 2011 foi agregada cultural na Embaixada de Romanía en Berlín. Tamén é profesora de violín  na  Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela.

Adriana Winkler estudou na Universidade de Música de Bucarest. Entre 2007 e 2011 foi agregada cultural na Embaixada de Romanía en Berlín. Tamén é profesora de violín na Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela.

A Real Filharmonía de Galicia celebra mañá xoves un concerto no centro sociocultural de Santa Marta, na sala Agustín Magán, ás 19:00 horas. A actuación será gratuíta ata completar o aforo. Ademais, parte da orquestra desprazarase mañá a Ourense, onde actuará no Teatro Principal da cidade.

No concerto de Santa Marta levará a batuta a axuda de concertino da orquestra, Adriana Winkler. Estudou na Universidade de Música de Bucarest. Entre 2007 e 2011 foi agregada cultural na Embaixada de Romanía en Berlín. Tamén é profesora de violín  na  Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela.

A actuación comezará coas Danzas Romanesas do compositor húngaro Béla Bartók (1881-1945). O público poderá escoitar ademais o Concerto para violoncello do veneciano Antonio Vivaldi (1678-1741), Elexía do compositor alemán Enrico Mainardi (1897-1976) e, por último, a Serenata do austrohúngaro Antonín Dvorák (1841-1904).

A Elexía de Enrico Mainardi será interpretada ao violoncello por Thomas Piel, violoncellista da orquesta. Natural da cidade alemá de Colonia, entre os seus profesores tivo ao mestre ruso Mstislav Rostropóvich. Ademais do seu labor na Real Filharmonía de Galicia, na actualidade ensina violoncello na Escola de Música Berenguela en Santiago.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada

Etiquetas: