Horta e mesa en harmonía no Carlos Oroza

IMG_7344O Centro Integrado de Formación Profesional, CIFP Carlos Oroza presentou a súa horta. As súas verduras, legumes, flores.. fornecen os alumnos de hostelería e coctelería. Varios profesores encárganse de dirixir os traballos hortícolas. Este ano van estrear o invernadoiro para plantar brotes… e van ampliar as bancadas.

A minuta do xantar de presentación incluía moitas destas herbas aromáticas e outras cultivadas por eles mesmos.  O aperitivo de ameixas en salsa verde levaba herbas frescas (cilantro, pirixel e nébedas); a ensalada da horta Oroza compúñase de leitugas frescas con flores do xardín, ollo de pita, queixo ácido e pebidas da horta; o sanmartiño á prancha no seu propio xugo estaba acompañado de verduriñas (ceboliña, trigueiros, cenoria baby e alliños); as faceiras estufadas nun leito de grelos e champiñóns; e ata a sobremesa, a panacotta, harmonizaba con froitos vermellos.

O viño foi un Rías Baixas albariño branco Eidos de Padriñán. Coa carne, Ribera del Duero, crianza 2012, Pinna Fidelis. Coa sobremesa, unha sidra ecolóxica Maeloc.

Todo un luxo para os sentidos nunha gratísima compañía que forma profesionais na excelencia para cociña e sala.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada