Outono Gastronómico, o mellor turismo rural galego coa gastronomía máis pura da nosa terra

Ofrece experiencias para todos os gustos, desde packs exclusivamente gastronómicos ata escapadas de fin de semana para desfrutar do xeito que ti queiras

Autobús Outono gastronómico_2

O Autobús do outono gastronómico, un vehículo histórico dos años 50. Sirve como punto de información da campaña –tanto da historia das nove edicións anteriores como dol propio X Outono- e é ademais un expositor orixinal da historia desta promoción. O autobús circulará polas sete grandes cidades de Galicia e tamén visitará ViIagarcía de Arousa.

Cando as noites comezan a ser máis longas que os días, cando as follas das árbores tornan en amarelo e caen as primeiras choivas…chegou o outono e con el outra edición máis, e xa van 10, do “OUTONO GASTRONÓMICO”.

Esta campaña mestura o mellor turismo rural galego, coa gastronomía máis pura da nosa terra, e xa foi recoñecida o ano pasado co Premio FITUR ao Mellor Produto de Turismo Activo Nacional, na modalidade de Enogastronomía.

Desde o 16 de setembro e ata o 18 de decembro, 92 casas de Turismo Rural galegas abrirán as súas portas para ofrecerche máis de 180 propostas diferentes para gozar da gastronomía e natureza da nosa comunidade.

A 10ª edición do “Outono Gastronómico” ofrece experiencias para todos os gustos, desde packs exclusivamente gastronómicos ata escapadas de fin de semana para desfrutar do xeito que ti queiras.  Pincha a provincia que desexes visitar; elixe unha casa rural e o menú que máis che apeteza.Outono

MENÚS DO ‘OUTONO GASTRONÓMICO

No “Outono Gastronómico” adaptámonos ao teu plan de fin de semana. Elixe o que ti e os teus prefiran!

“Menú Outono Gastronómico” está composto por entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño de Denominación de Orixe Galega por 30€/persona.

Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que incluiría:

  • “Menú Outono Gastronómico” por persoa + aloxamento e almorzonunha das casas de turismo rural que participe nesta promoción (podendo escoller unha noite de venres ou sábado). O prezo deste paquete é de:

 120€ para dúas persoas en habitación dobre (a elixir entre a noite do venres ou do sábado)

– 80€ para unha persoa en habitación individual (a elixir entre a noite do venres ou do sábado)

Para unha escapada completa ofértase unha “Fin de semana Outono Gastronómico” que inclúe:

  • “Menú Outono Gastronómico” por persoa + aloxamento e almorzonunha das casas de turismo rural que participe nesta promoción. O prezo é de:

 200€ para dúas persoas en habitación dobre (noites de venres e sábado)

– 140€ para unha persona en habitación individual (noites de venres e sábado)

EN FAMILIA

No caso de querer compartir esta experiencia en familia só hai que apuntarse á oferta de “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”, onde atopamos dúas posibilidades:

  • Oferta Familiar con 1 nen@ (ata 14 anos) que inclúe:

Dous “Menús Outono Gastronómico” por cada adulto e dous menús infantís por nen@, aloxamento en habitación dobre con cama supletoria (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.

O prezo é de 260€2 adultos +nen@.

  • Oferta Familiar con 2 nen@s(ata 14 anos) que inclúe:

Dous “Menús Outono Gastronómico” por cada adulto e dous menús infantís por cada nen@, aloxamento en dúas habitacións dobres (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.

O prezo é de 300€/ 2 adultos+ 2 nen@s.

DESCARGA O FOLLETO DO OUTONO GASTRONÓMICO

*Estas ofertas son válidas os venres, sábados e domingos do 16 de setembro ao 18 de decembro de 2016, salvo as fins de semana do 29-30 de outubro e a do 3-4 de decembro.

Sorteo

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada