Vestimentas e mobles centenarios expostas no Castelo de Dona Urraca

A colección foi ofrecida ó Concello de Salvaterra de Miño por unha veciña de Salvaterra, Carmen Formoso, mestra xubilada do municipio

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Turistas no interior do Castelo de Dona Urraca. ARQUIVO.

Unha particular e curiosa colección de vestimentas e mobles antigos vai ser posible ver no Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra de Miño, durante esta ponte, desde o vindeiro sábado día 29 de outubro.

A mostra recreará diferentes espazos do fogar tradicional galego como son o dormitorio, a cociña ou a sala de estar. Así mesmo, o visitante tamén poderá apreciar traxes, mantelería e e outros adornos con máis de 130 anos de antigüidade.

A colección foi ofrecida ó Concello de Salvaterra de Miño por unha veciña de Salvaterra, Carmen Formoso, mestra xubilada do municipio. Esta exposición temporal ubicarase no primeiro andar do Castelo de Dona Urraca.

Como leva facendo, ó longo deste ano 2016, o Concello de Salvaterra de Miño ven apostando forte pola dinamización e revitalización deste singular espazo histórico, o Castelo de Dona Urraca, declarado Ben de Interese Cultural dende o ano 1949, que unha vez máis abrirá as súas portas coa dobre finalidade coa que o leva facendo ata agora: a de mostrar ó visitante a preservación e riqueza deste espazo único e a de servir de Sala de Exposicións para a exhibición de coleccións singulares.

Esta exposición estará temporalmente aberta ó público os sábados, domingos e festivos comprendidos entre os días 29 de outubro e 27 de novembro. O horario de apertura será de 11.00h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h.

Lembramos que o Punto de Información e Turismo estará aberto nese mesmo período de tempo dentro das instalacións do Castelo de Dona Urraca.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada