Salvaterra de Miño comeza a terceira Festa do Viño Espumoso esta fin de semana

Un show-cooking do CSHG e un curso de harmonía de espumosos con queixos, novidades desta edición

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Luís Paadín abrindo unha botella de espumoso mediante o ‘degüelle a sable’ na edición do ano pasado.

Co ‘degüelle a sable’ de botellas de viño espumoso da DO Rías Baixas ás 13.00 horas do sábado 3 de decembro, Salvaterra exalta os espumosos, no Castelo da Raíña Dona Urraca.

Pola tarde do sábado, comeza, ás 18.00 horas, o curso de iniciación ao mundo dos espumosos.

Unha novidade deste ano é un show-cooking a cargo do Centro Superior de Hostelería de Galicia, CSHG.

Xa o domingo, día 4, ás 12.00 horas, nomeamento de novos confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, no Castelo da Raíña Dona Urraca. A continuación a actuación musical de Andrea Pousa e Bruxo Queiman.

Contra as 13.00 horas, Showroom-presentación.

A cata popular de espumosos terá lugar ás 17.30 horas.

Outra novidade desta terceira edición da Festa do Viño Espumoso é, ás 20.00 horas, un curso de harmonía de viños espumosos DO Rías Baixas con queixos universais.

Os dous días haberá distintas actuacións musicais así como a posibilidade de mercar botellas de espumosos para levar ou ben catalos durante a festa.Espumosos16

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada