O copiloto de Rallys Cándido Carrera pregoeiro da Festa do Viño Novo de Arantei

Ofrécese viño de balde doado por todos os veciños da parroquia

O copiloto de Rallyes Cándido Carrera.

O copiloto de Rallyes Cándido Carrera.

O pavillón de deportes de Arantei, no concello de Salvaterra de Miño, acollerá o día 20 de novembro a XVIII edición da Festa do Viño Novo, un evento caracterizado, en gran medida, polo viño que se dá de balde, doado por todos os veciños da parroquia que gardan o mellor da colleita para a data. 

O barrio da Carrilla, este ano organizador de dita festa, encargouse de xuntar e elaborar, xunto coa axuda altruísta dalgún veciño, ao redor de 1000 litros de viño de distintas variedades de Condado do Tea, tanto tinto como branco.

A partir das 11.00 da mañá, dará comezo esta homenaxe. Antes, ás 9.00, terá lugar una andaina popular, polas terras da parroquia, co  fin de desfrutar das boas vistas que a natureza nos brinda, así como abrir o apetito de cara ao que o día nos deparará.

Ademais de viño gratis, esta celebración, ofrece a oportunidade de acompañar estes ricos caldos con tapas de callos, polbo, orella, empanada, xamón e lamprea rechea, á parte de variados produtos para darlle o toque doce a esta vianda.

Ás 12.00 está prevista a lectura do pregón, a cargo do copiloto de Rallys Cándido Carrera. E como todo convite non é o mesmo sen un pouco de música, a xornada estará amenizada polo grupo de gaitas O Freixo de Entienza (Salceda de Caselas) e a charanga Sghae (Salceda de Caselas)Arantei

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada