Andrea Pousa e Bruxo Queiman trasladarán as emocións dos espumosos Rías Baixas ao público asistente á Festa

Pousa vai ser nomeada ‘Confrade de Honra’ da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos

Andrea Pousa, na II Festa do Viño Espumoso, en Salvaterra de Miño.

Andrea Pousa, na 2ª Festa do Viño Espumoso, en Salvaterra de Miño. Este ano vai ser nomeada ‘Confrade de Honra’ da Confraria do Viño do Condado do Tea e Espumosos.

A 3ª Festa do Viño Espumoso DO Rías Baixas vai contar coa actuación musical de Andrea Pousa e Bruxo Queiman o domingo, día 4 de decembro, contra as 13.00 horas, tralo nomeamento de novos confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, no Castelo da Raíña Dona Urraca, en Salvaterra de Miño. Andrea Pousa vai ser nomeada ‘confrade de honra’ da Confraria do Viño do Condado do Tea e Espumosos.

Unha actuación chea de música, creatividade e beleza para exaltar os viños espumosos da DO Rías Baixas cun guión de ‘Queiman e Pousa’. Sen dúbida todo un espectáculo que convén non perderse nesta terceira edición da Festa do Viño Espumoso DO Rías Baixas.

Andrea Pousa Guerreiro máis coñecida como Andrea Pousa, é unha cantante, actriz e produtora española de música folk-celtic, new age. Naceu en Tomiño, un municipio de Pontevedra, Galicia, fronteirizo con Portugal. Estudou canto e interpretación baixo a titoría e dirección do Mestre José P.Pérez.

Actualmente, presenta un repertorio que abarca desde a canción tradicional e contemporánea galega até a nova canción nacional e internacional, ofrecendo unha merecida homenaxe a grandes compositores. Rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, temperamento, posúe a capacidade de converter cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora. Foi integrante da Asociación de Artistas Vocálitis, formando parte do traballo que se foi realizando para a potenciación de novos artistas con ideas innovadoras. Durante dez anos foi membro do grupo vocal feminino “Soño de Calíope” (Vigo).

En 2014 funda a súa propia compañía de espectáculos musicais e eventos, ‘Queiman e Pousa’ xunto ao seu socio, o actor Bruxo Queiman. Ambos, contan coa misión de levar a súa cultura e as súas tradicións ao resto do mundo, co fin de irmandalas.

Andrea Pousa complementa a carreira de canto coa de actriz e de modelo, debido á súa naturalidade, optimismo e espontaneidade.

Andrea Pousa e Bruxo Queiman.

Andrea Pousa e Bruxo Queiman.

BRUXO QUEIMAN

Bruxo Queiman é un recoñecido actor vigués que funda, en 1985, xunto a outros compañeiros, a Compañía Teatral Avento de Vigo, coa finalidade de traballar pola consecución de espazos creativos de identidade propia e alternativas. Teatro Avento, reafirmouse como un dos grupos de maior traxectoria na nosa comunidade e Portugal. Algunhas das súas obras: ‘Historia dun cabalo’, ‘Arañeiras’.

Ao longo de todos estes anos, Bruxo Queiman recibiu Máster class de Victor Rotelli, Rena Mirecka, etc. E participou en numerosas obras, películas e series televisivas como: ‘Rías Baixas’, ‘Para ti Shakespeare’, ‘Sempre Xonxa’, etc.

Pero, sen dúbida o papel que lle está dando máis recoñecemento é o de ‘Bruxo Queiman’, con máis de 10 anos de traxectoria por España e por todo o mundo: Brasil, Colombia, Arxentina, Emiratos Árabes, etc. Recibiu o ‘Premio Cumes de Suído 2014′ pola súa destacada e meritoria contribución ao irmandamento dos pobos e cultura galaico- portuguesa. Representa a esencia da súa terra, co que máis o caracteriza, a súa forza e sensibilidade, co fin de irmandar a súa cultura coas do mundo. Bruxo Queiman, esperta do soño da indiferenza a moitos, aos que non saben do valor do ancestral, daquilo que se vai herdando desde hai milenios da nosa nai Terra.

Tamén é imaxe dun dos maiores Festivais en Portugal ‘Sexta 13′ en Montalegre, onde convoca en cada evento máis de 40.000 persoas.Espumosos16

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada