Feijóo promete el cargo de presidente de la Xunta

Rajoy ha elogiado a Feijóo y ha subrayado que tiene motivos sobrados para estar satisfecho y orgulloso tras lograr por tercera vez la presidencia de la Xunta

1

“Prometo ser fiel al mandato como presidente de la Xunta, observar y hacer cumplir la Constitución y el Estatuto y las demás leyes de Galicia y del Estado y ejercer mis funciones en defensa del interés supremo de Galicia y de España”, ha manifestado Feijóo.

Alberto Núñez Feijóo ha prometido este sábado su cargo como presidente de la Xunta en el acto institucional de toma de posesión celebrado en el Parlamento de Galicia y ante la presencia del jefe del Ejecutivo estatal, Mariano Rajoy. “Prometo ser fiel al mandato como presidente de la Xunta, observar y hacer cumplir la Constitución y el Estatuto y las demás leyes de Galicia y del Estado y ejercer mis funciones en defensa del interés supremo de Galicia y de España”, ha manifestado Feijóo que, por tercera vez, se ha situado al frente de la Xunta de Galicia tras ganar con mayoría absoluta en las urnas.

Para Mariano Rajoy ha sido su primera intervención pública tras ser investido presidente del Gobierno. En su discurso, ha apelado a la moderación, el empeño reformista, la determinación, la sensibilidad social y la estabilidad para poder gobernar y ha reivindicado a Galicia como un “modelo de éxito en el Estado autonómico”. En este sentido, el presidente del Gobierno ha enfatizado que él es gallego, ha recordado su trayectoria como político en esta comunidad y ha comparado la situación actual de la región con la que había en 1981, cuando se eligió el primer Parlamento autonómico. Así, ha recordado que en aquel momento este Parlamento no tenía sede y ha citado los avatares que hubo hasta que se consiguió la actual.

Tras citar otras infraestructuras que han mejorado también la calidad de vida y el bienestar de los gallegos, ha hecho hincapié en que las cosas han cambiado para bien tanto en Galicia como en España pese a que la crisis económica golpeara al país durante cinco años. “Galicia ha sido en estos 35 años un modelo de éxito de nuestro Estado autonómico y nunca podré compartir las teorías de quienes ponen en tela de juicio todo y dicen que aquí no cambia nada y son incapaces de ver el mundo con una cierta objetividad”, ha subrayado. Y la mejoría ha señalado que es un logro colectivo de todos los gallegos, “es producto de una ilusión compartida, de un trabajo conjunto. Ese mismo espíritu —ha añadido— es el que necesitamos para continuar avanzando en esta historia de éxito aquí y en España”.

Rajoy ha elogiado a Feijóo y ha subrayado que tiene motivos sobrados para estar satisfecho y orgulloso tras lograr por tercera vez la presidencia de la Xunta. “Con el corazón, te deseo que aciertes y que tengas al menos un poco de suerte, que nunca sobra y siempre viene bien”, ha bromeado el jefe del Ejecutivo. Además, se ha puesto a disposición tanto del pueblo gallego como de sus instituciones.

Feijóo: “Galicia será un aliado fiel” Por su parte, Núñez Feijóo ha agradecido la presencia de Rajoy, que le ha precedido en el uso de la palabra y le ha dicho que la Xunta “será un aliado fiel y coherente” para afrontar los retos que aguardan al futuro de España. “Agradezco su presencia, Galicia siempre estará ahí y nunca pedirá más de lo que le corresponde, pero no se conformará con menos de lo que le corresponde”, ha señalado. Ha reivindicado Feijóo la estabilidad política e institucional como un “requisito esencial”, así como la del autogobierno gallego y la de la “nación española” de la que Galicia forma parte, al igual que la de la Unión Europea. Sobre su Comunidad, ha comentado que “el equilibrio político que los gallegos han conseguido es, efectivamente, una excepción en España, pero no una anomalía”, y ha avanzado que, como nacionalidad “histórica” que es, pues Galicia jamás estará ausente de ningún debate territorial que “cuestione la soberanía común” o una financiación “justa” para todos los ciudadanos de todas las autonomías.

DISCURSO

Señor Presidente do Goberno de España,
Señor Presidente do Parlamento,
Autoridades presentes,
Miñas donas e meus señores:
Por terceira vez teño a honra de recibir a investidura como presidente da Xunta de Galicia.

Por terceira vez o pobo galego e o Parlamento outórganme a responsabilidade de dirixir o Goberno do noso país, de acordo coa Constitución e o Estatuto de Autonomía.

Por terceira vez síntome como un discípulo da nosa xente.

Igual que unha boa nai, Galicia non deixa de ensinar leccións e experiencias acumuladas durante a súa longa andaina pola historia.

Espero seguir sendo un fillo que a escoita, aprende, e lle devolve cando menos unha parte do moito que Galicia me deu.

Se a estas alturas do século XXI nos preguntamos por un pobo que administrou con proveito e sensatez o seu autogoberno, teriamos que contestar que ese pobo é Galicia.

Se queremos atopar un modelo de orgullo comunitario que non exclúe, senón que incorpora outras culturas e identidades, ese modelo está en Galicia.

Se imos na procura dun pobo diverso que mantén a súa unidade e supera con ela os malos momentos, atoparémolo en Galicia.

Se precisamos un exemplo de país onde nacen as máis vellas tradicións espirituais europeas, pero que ten unha sociedade aberta e unha economía internacionalizada, ese exemplo chámase Galicia.

E se buscamos estabilidade, esa estabilidade haberaa en Galicia.
Galicia cre en si mesma. Os galegos protagonizamos unha epopea democrática que ten como resultado unha sociedade máis libre, máis igual e máis fraterna, sen ter que pagar o tributo do enfrontamento ou a discordia.

O autor desa partitura foi o pobo galego e os intérpretes, gobernantes de todos os pensamentos que xa teñen un lugar de privilexio na nosa historia.

Os presidentes Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe, Manuel Fraga e Emilio Pérez Touriño fan que calquera galego sinta un lexítimo orgullo. Traballaron a prol dunha Galicia unida por infraestruturas, por servizos públicos homoxéneos, e tamén por valores compartidos. Agradézolle a súa presenza hoxe aquí, ao igual que a de presidentes de Deputacións e a de rexedores e ex rexedores que son tamén partícipes da construción desa Galicia única, e dunha forma tamén moi especial á voceira e aos voceiros dos Grupos Parlamentarios da Cámara.

Entre todos demostramos a inxustiza de tópicos que parecían endémicos. A suposta terra do minifundio é escenario de grandes proxectos colectivos no político, no social, no cultural e no económico.

A sociedade descrita como titubeante e ambigua, reafirma con democrática teima unha estabilidade baseada en maiorías elocuentes.

Galicia sabe o que quere. Responde a esa idea de país no que as persoas non viven simplemente xuntas, senón que fan cousas xuntas.

Formamos parte deses pobos que non se preguntan que lles vai pasar no futuro, senón que van facer no futuro. Antes de que este Parlamento que nos acolle fose unha realidade, formou parte dos soños de moitos dos nosos pais, avós e devanceiros.

O autogoberno foi unha utopía realizada grazas á loita e o traballo de galegos coñecidos e anónimos. Agora o soño realizable é que o futuro sexa un tempo no que Galicia brille como unha comunidade libre e próspera. O futuro non pode sorprendernos e, moito menos, dividirnos.

Para iso, a estabilidade política e institucional é un requisito esencial. Estabilidade do autogoberno galego, e estabilidade tamén da nación española da que Galicia forma parte, e da Unión Europea á que nos vencellan pasados, valores e obxectivos comúns.

O equilibrio político que os galegos teñen acadado é efectivamente unha excepción en España pero non unha anomalía. O anómalo é o bloqueo institucional, o establecemento de liñas vermellas arbitrarias ou a insistencia en prexuízos que prexudican a gobernación do Estado.
Sabe o presidente Mariano Rajoy, ao que lle quero agradecer o seu xesto de participar nesta toma de posesión, que Galicia pode e quere ser un modelo de estabilidade para España.

E pídolle que lle traslade ao Xefe do Estado que son moi consciente de que o que acabo de prometer supón asumir a honra de ser o Presidente de Galicia pero tamén o representante ordinario do Estado na miña terra, e fágoo con orgullo e co permanente compromiso de lealdade a España.

Sabe tamén que o Goberno que eu presida será un aliado fiel e coherente para afrontar os retos que nos agardan.

Galicia situarase a carón das reformas económicas que consoliden a recuperación e permitan que chegue aos que máis sofren, tanto polo desemprego como por un traballo que non lles dá recursos suficientes.

Como nacionalidade histórica que somos, Galicia non estará ausente de ningún debate territorial que cuestione a soberanía común ou un financiamento xusto para todos os cidadáns de todas as comunidades autónomas que conformamos España.

Como berce xacobeo da nova Europa, Galicia anhela un novo pulo da Unión Europea que disipe os malos augurios.

Galicia estará presente no futuro con esa estabilidade, e tamén perseverando nunha Galicia global de portas e fiestras abertas, e pontes tendidas.

A Galicia do século XXI non pecha nin desconecta, nin rexeita. É o pobo do SI, o pobo afirmativo, unha comunidade onde non existen <verdades como puños>, senón verdades como mans tendidas.

Esa Galicia entende que o poder máis efectivo dun país está nas súas redes de cooperación, na súa capacidade para comunicarse coa súa contorna e rexeitar calquera illamento.

O futuro, señoras e señores, tampouco nos pode dividir. Defendemos un crecemento harmónico que se asemelle ao dos organismos vivos, no que non haxa galegos nin Galicias que queden atrás.

A nosa fortaleza está e seguirá estando na inexistencia de brechas que fragmenten a sociedade.

Avanzaremos todos, co acordo de todos e cara a metas definidas por todos os que sigamos o consello de unir esforzos e non de dividilos, tal e como sempre nos reclaman os galegos.
Señoras e señores. Acontecementos ben recentes veñen demostrar que o mañá é azaroso, e que a profesión de futurólogo ten pouco futuro. Pero no medio das incertezas permanece en pé a seguridade de que a unidade colectiva e a estabilidade institucional, son unha garantía para converter ese futuro en aliado.

Os galegos sábeno. Os galegos sabémolo. É unha lección que se transmitiu de xeración en xeración dende tempos afastados, e que agora chega a nós para que a apliquemos.

Síntome discípulo da nosa xente. Síntome como un escolante que vai coa mente aberta e o corazón ilusionado á aula do mestre, como se se tratara do primeiro día e da primeira clase.

Ben sei que esa sabedoría que Galicia atesoura non está ao meu alcance, pero sempre necesitarei acudir a ela para orientarme e servir mellor aos meus concidadáns.

Oxalá que me ilumine e anime na tarefa de empezar a vivir no futuro. Galicia é un dos pobos máis antigos do mundo porque así o quixeron os nosos devanceiros. Galicia, unha terra, un pobo, unha fala… e un Parlamento. A nosa misión é facer desde aquí que perdure e que, no noso soar, <o goberno do pobo, polo pobo e para o pobo, xamais morra>.

Conto para iso coa lembranza e o exemplo dun galego que non está.

E tamén conto coa motivación e coa ilusión dun galego que está por vir.

Señor presidente do Goberno de España. Galicia sempre estará aí. Nunca pedirá máis do que lle corresponde, pero nunca se conformará con menos do que lle corresponde.

Moitas grazas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada