Nova versión traducida ao portugués do Diario Oficial de Galicia

Impulsa a promoción do galego na lusofonía e no aproveitamento dos vínculos co portugués

Valentín García mantivo unha xuntanza de traballo coa agregada de Educación da Embaixada de Portugal en España e mais co vicecónsul de Portugal en Vigo.

Valentín García mantivo unha xuntanza de traballo coa agregada de Educación da Embaixada de Portugal en España e mais co vicecónsul de Portugal en Vigo.

A Xunta de Galicia avanza na posta en marcha de accións de promoción da lingua propia de Galicia no ámbito lusófono e de aproveitamento dos vínculos co portugués. Así llo trasladou hoxe á tarde en Vigo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, á agregada de asuntos de Educación da Embaixada de Portugal en España, Filipa de Paula Soares e mais ao vicecónsul de Portugal en Vigo, Manuel Correia da Silva, na reunión que mantiveron para abordar as liñas de traballo impulsadas e apoiadas desde a Administración autonómica galega a prol do cumprimento das directrices da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía.

No marco desta xuntanza, o titular de Política Lingüística quixo destacar a recente incoporación de Galicia á Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), órgano de máximo nivel no ámbito lusófono, por medio do Consello da Cultura Galega; a nova versión traducida ao portugués do Diario Oficial de Galicia, que se suma ás versións existentes nas linguas oficiais, galego e castelán.

García Gómez agradeceulle persoalmente aos representantes portugueses o apoio e a colaboración da Embaixada de Portugal en España na xestión pola que, por acordo das tres partes e a proposta dos gobernos galego e español, o homólogo portugués accedeu a presentar diante da CPLP e esta aceptou e aprobou hai unhas semanas, a candidatura do Consello da Cultura Galega como observador consultivo en representación de Galicia.

Galicia na CPLP, representada no Consello da Cultura Galega

A nova incorporación do Consello da Cultura Galega, órgano estatutario galego, á CPLP supón un fito tanto para Galicia como para a comunidade lusófona e culmina iniciativas importantes postas en marcha polos dous gobernos desde a aprobación da mencionada lei Paz-Andrade.

Entre elas, cómpre destacar a sinatura –en febreiro de 2015 na sede da Real Academia Galega- do memorando de entendemento ao abeiro do que a administración educativa galega, en colaboración co Instituto Camoêns, incorporou o portugués como lingua estranxeira de opción e avaliación curricular no ensino non universitario; e tamén senllos memorandos de entendemento en materia de deporte (asinado en marzo de 2015), cultura (asinado en abril de 2015), relacións económicas (pesca, medio ambiente e turismo, asinado en xaneiro de 2016); así como a candidatura acadada no marco do Programa INTERREG V-A, España-Portugal (POCTEP 2014-20) que presentou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para a recolección e difusión do patrimonio colectivo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, en virtude da que se impulsou a nova versión traducida ao portugués do Diario Oficial de Galicia.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada