A Fundación Reveriano Soutullo organiza unha fin de semana dedicada ao papel da muller na música no primeiro terzo do século XX

A primeira xeira, o sábado 19, será adicada a recuperar a visibilidade das mulleres na historia da música galega e a segunda, o domingo 20, á recuperación da obra do compositor ponteareán

Contan coa colaboración da Concellaría de Cultura e Lecer, coordinada por Hortensia Bautista que entende que “hai que pór de relevo o papel da muller ao longo da historia e, neste caso, da historia da música”

A quinta edición da Xornadas Soutullo conta coa colaboración da Concellaría de Cultura e Lecer, coordinada por Hortensia Bautista que entende que “hai que pór de relevo o papel da muller ao longo da historia e, neste caso, da historia da música”

O Conservatorio de Ponteareas acollerá os vindeiros 19 e 20 de outubro unhas xornadas en memoria do compositor ponteareán. A quinta edición da Xornadas Soutullo é un simposio de musicoloxía, organizado pola Fundación Reveriano Soutullo, coa colaboración do Concello de Ponteareas e da Xunta de Galicia.

Unha fin de semana dedicada nesta ocasión ao papel da muller na música ata o primeiro terzo do século XX, amais dun dos músicos máis sobranceiros da vila. Reveriano Soutullo chegou a lograr o prestixio internacional e a súa obra ‘Amores de Aldea’, que ten máis de cen anos, unha zarzuela estreada en Madrid o 16 de abril de 1915, chegou a cruzar o Atlántico, sendo interpretada en Cuba ou Arxentina.

“Trátase de dar un paso á visibilidade da muller na historia da música e somos conscientes que falta moito por facer e estase ao principio do camiño”, indica María Rosa Arija Soutullo, presidenta da Fundación. “Imos falar de tres obras de compositoras galegas: Fantina Soutullo, Cándida Valiño e María Luísa Sanjurjo de Oza”, engade. Pola palestra pasarán a investigadora Lorena López Covas, que falará da proxección da muller dentro da música en el siglo XIX en Galicia e a súa invisibilidade social; Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos, que disertarán sobre Eugenia Osterberger, compositora galega do século XIX; Carmen Losada, cunha exposición a muller pianista en Vigo; ou Isabel Blanco, que falará das limitacións que as leis tiveron no papel que a muller xogou dentro do mundo da música.

A segunda xornada céntrase na recuperación da obra de Soutullo, un dos obxectivos prioritarios da Fundación Soutullo, e no que aínda falta moito por facer. Acompañan os traballos de divulgación, edición e recuperación do patrimonio, que abordamos desde diferentes ángulos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada