A Xunta prorroga ata marzo o programa Galicia Inviste

o Igape aprobou apoiar, ao abeiro deste programa, 21 investimentos por importe de 5,2 millóns que contribuirán ao mantemento de máis de 700 empregos

El director xeral del Igape, Javier Aguilera, en una inauguración. ARCHIVO.

El director xeral del Igape, Javier Aguilera, en una inauguración. ARCHIVO.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de prorrogar, ata o 31 de marzo de 2017, o prazo para a presentación de proxectos empresariais, ao abeiro do programa Galicia Inviste, orientados á modernización e mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas galegas, así como para apoiar a xeración de emprego.

A través do Galicia Inviste, o Igape apoia proxectos de adquisición de maquinaria ou bens de equipo para ampliar a capacidade de produción, ou para promover a diversificación e cambios esenciais nos procesos produtivos das compañías en funcionamento. No proceso de avaliación para fixar a contía das axudas valorarase o interese ambiental dos proxectos, que conten con certificación ambiental, e obterán maior puntuación os impulsados por pequenas empresas.

 Ademais, esta convocatoria de axudas, agora prorrogada segundo resolución publicada hoxe no DOG, apoia igualmente investimentos en obra civil ou maquinaria e outros bens de equipo para a creación de novos establecementos empresariais ou para a ampliación de instalacións produtivas con alto potencial de creación de emprego. Tamén neste caso, a porcentaxe de axuda pública será máis elevada no caso dos proxectos impulsados por pequenas empresas, con menos de 50 empregados.

As axudas poderán apoiar o financiamento de investimentos empresariais comprendidos entre os 50.000 e os 900.000 euros. Para financiar investimentos de superior contía, as empresas galegas teñen a posibilidade de acollerse ás axudas habilitadas polo Goberno do Estado a través da liña de Incentivos Rexionais do Ministerio de Hacienda, xestionada en Galicia tamén a través do Igape.

Dentro desta liña de apoio ao investimento das pemes galegas, o Igape facilitou polo momento a aprobación de 21 proxectos que contribuirán ao mantemento de máis de 700 postos de traballo, mobilizando investimentos por preto de 5,2 millóns mediante a concesión de axudas que superan os 820.000 euros. As empresas beneficiarias corresponden principalmente ao sector industrial, incluíndo metalmecánico, madeira, granitos ou téxtil.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada