A mostra do Concurso de Beléns de Afundación foi visitada xa por case 10.000 persoas

Primer premio categoría general.

Primer premio categoría general.

A unha semana da súa clausura, 9.730 persoas visitaron xa no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), a tradicional exposición de beléns procedentes do concurso convocado pola entidade, e que cumpre a súa edición número 51. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 6 de xaneiro, en horario de luns a domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. (agás o 1 de xaneiro, que estará pechada). 

Un total de 71 pezas, compostas por materiais de diversa índole como barro, plastilina, papel reciclado, teas, cunchas, vidro, latas ou doces, concorreron ao concurso e, por tanto, compoñen a mostra. Este ano, o xurado que valorou as obras estivo integrado por Ramón Trigo Alonso, artista e ilustrador; Juana Amarelo Dourado, galerista de Dua2; Carlos López Bernárdez, crítico de arte, e Cristina Iglesias Pérez, coordinadora adxunta de Sedes da entidade e, actuando como secretaria, Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación.

O xurado decidiu conceder o primeiro premio da categoría individual ao centro de atención a persoas maiores Doral Residencias, o segundo premio a José María Macías Sánchez e Cristina Macías Cortiña. O terceiro galardón dentro desta sección correspondeu a Aída Alonso Vázquez. Na categoría para colectivos integrados por menores de 16 anos o xurado decidiu outorgar o primeiro premio á Asociación de Iniciativa Social Berce; o segundo ao AMPA Nanette Primaria; e o terceiro ás Esclavas de la Virgen Dolorosa Crecente. Ademais concedéronse 10 accésits, o número máximo que permiten as bases.

Na presente edición, o xurado destacou o difícil labor de outorgar os premios, facendo constar a alta calidade de confección da totalidade das figuras presentadas. Así mesmo, quixeron subliñar o esforzo dos premiados «pola composición, o traballo, a orixinalidade e a beleza do resultado», sendo os tres gañadores da categoría xeral nacementos «dunha espléndida factura e beleza compositiva sorprendente». Con respecto á categoría colectiva, subliñaron a calidade de composición e orixinalidade da totalidade dos premiados.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1