A firma Paz Rodríguez incorpora a liña de corte ao seu proceso produtivo

Acolleuse ao programa Galicia Inviste para incorporar nova maquinaria que lle permitirá ampliar a súa capacidade de produción

030117pazrodriguez3

O director del IGAPE e oxgerente de PAZ Rodríguez, Álvaro Toubes. PAZ Rodríguez conta ademais da roupa de bebé ou neno cunha extensa gama de produtos de Puericultura adaptados á gran maioría dos carriños de bebé do mercado, especialmente dos máis estendidos e vendidos durante os últimosanos.

 O director do Igape, Juan Cividanes, co xerente de PAZ Rodríguez, Álvaro Toubes,.destacou hoxe en Vigo a aposta da empresa PAZ Rodríguez polo investimento en novos equipos tecnolóxicos para mellorar a súa competitividade como base para consolidar o seu crecemento e avanzar na súa internacionalización.

PAZ Rodríguez é unha empresa que, desde 1970, dedícase ao deseño e fabricación de roupa para bebés e nenos que combina elegancia cun deseño de inspiración artesanal. A produción combina procesos a man, materiais de alta calidade así como innovación e tecnoloxía. O deseño, as pezas de calidade e a atención ao cliente excelente diferéncian a esta firma.

PAZ Rodríguez conta ademais cunha extensa gama de produtos de Puericultura adaptados á gran maioría dos carriños de bebé do mercado, especialmente dos máis estendidos e vendidos durante os últimosanos.

PAZ Rodríguez, que dispón dun cadro de persoal integrado por preto de cen persoas,n desenvolvendo no interior das súas instalacións partes do proceso produtivo, en concreto na liña de corte, que ata agora tiña que externalizar.

A empresa téxtil, localizada no Polígono de Valadares, está especializada na confección de prendas de punto infantís. De feito, PAZ Rodríguez é una compañía con clara vocación internacional que se ten acollido ás axudas do Igape para avanzar en mercados exteriores. Actualmente, os seus produtos poden atoparse en medio cento de mercados internacionais, incluíndo países tan diversos como Estados Unidos ou Israel, Emiratos Árabes, Alemaña ou México.030117pazrodriguez4

PAZ Rodríguez tamén contará co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria para coñecer, ao abeiro do programa Reacciona TIC, as súas capacidades e oportunidades de mellora da competitividade cara a Industria 4.0.

Cividanes lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegou financiamento durante os últimos meses, mediante préstamos directos e axudas como as do programa Galicia Inviste, 52 proxectos empresariais que mobilizan investimentos que superan os 35 millóns de euros. O programa Galicia Inviste acaba de prorrogarse ata o próximo 31 de maio para seguir apoiando proxectos de investimento en Galicia.030117pazrodriguez4

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1