Airas ensemble presenta o seu primeiro disco nun concerto no que interpretarán obras de Jesús Bal y Gay e Darius Milhaud na Fundación Laxeiro

 

Arias Ensemble.

O Airas ensemble é un quinteto de vento, formado por solistas galegos, procedentes da NDR Radiophilharmonie Hannover, Bilbo Orkestra Sinfónika, European Chamber Players, Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra 430 de Vigo.

Airas ensemble presenta o seu primeiro disco nun concerto no que interpretarán obras de Jesús Bal y Gay e Darius Milhaud, como unha pequena mostra do que se pode escoitar no seu primeiro CD, editado polo selo catalán Columna música, con obras de Poulenc, Milhaud, Jolivet e a primeira gravación mundial do Divertimento para maderas do compositor galego Jesús Bal y Gay, un dos autores máis interesantes da Xeración da República. O concerto terá lugar na Fundación Laxeiro o vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás 19.00 horas.

A gravación desta peza do compositor galego, supón unha auténtica primicia, debido a que á a primeira vez que se rexistra fonográficamente, a partir da partitura manuscrita do autor, que se conserva na Residencia de Estudiantes de Madrid, debido a que a peza permanece sen editar.

O Airas ensemble é un quinteto de vento, formado por solistas galegos, procedentes da NDR Radiophilharmonie Hannover, Bilbo Orkestra Sinfónika, European Chamber Players, Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra 430 de Vigo.

O proxecto nace en 2011, co propósito de difundir a música camerística de vento, principalmente do século XX, tratando de mostrar as posibilidades sonoras dos instrumentos de vento e conseguindo así unha interesante variedade de estilos e resultados tímbricos que, ás veces combinan con outros instrumentos como o piano, como sucedeu recentemente coa colaboración co pianista Enrique Bagaría, gañador do Premio María Canals de Barcelona.

Habituais dos principais ciclos de música de cámara nacionais e internacionais, é na música do século XX onde esta formación se atopa máis cómoda, debido á ampliación das posibilidades sonoras dos seus respectivos instrumentos.

O concerto terá lugar nunha das sals que albergan a Colección permanente da Fundación Laxeiro.

AIRAS ENSEMBLE EN CONCERTO

 SÁBADO, 14 DE XANEIRO, 19.00h

Entrada gratuíta ata completar aforo

 PROGRAMA

Jesús Bal y Gay
Divertimento para cuarteto de maderas

       I Allegro moderato

IV Allegro vivo

———-

Darius Milhaud
La Cheminée du roi René op.205

I Cortège
II Aubade
VII. Madrigal-Nocturne

ELENCO

 Roberto  Baltar (Oboe). Nace en Vigo en 1983. Comeza os seus estudios musicais á idade de 8 anos no conservatorio da súa cidade natal, ampliándoos posteriormente na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia e na Escola Superior de Música de Catalunya. Posteriormente trasládase a Alemaña, onde cursa estudos na Hochschule für Musik unt Theater Hannover, baixo a tutela de Klaus Becker, obtendo a diplomatura coas máximas calificacións. Recibiu consellos de Maurice Bourgue, Jerome Guichard, Christina Dominik, Ingo Goritzky, Casey Hill, Hans Elhorst, Eduardo Martínez, Emmanuel Abbühl e Salvador Mir. Pertenceu á Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), Schleswig-Holstein Musik Festival Orchestra e European Union Youth Orchestra.

Colabora habitualmente con orquestras nacionais e internacionais, entre as que destacan a Deutsches Symphonie-Orchester Berlin, City of Birmingham Symphony Orchestra, Deutsche Kammerphilharmonie Bremen, Orquesta e Ensemble de Cadaqués, Spira Mirabilis (Italia), Orquesta del Teatre Lliure (Barcelona), Orquesta Sinfónica de Galicia e Orquesta Sinfónica de Castilla y León, traballando con directores como Bernard Haitink, Sir Neville Marriner, Trevor Pinock, Andris Nelsons, Sir John Eliot Gardiner, Gunter Schuller, V. Ashkenazy e G. Rozhdestvensky.

Como solista, cabe destacar os concertos de B. Martinu e de W.A. Mozart coa Real Filhamonía de Galicia, este último no festival Musika-Música de Bilbao, baixo a dirección do seu director titular. Recentemente debutou no Festival de música de cámara Sen Batuta (Ourense), acompañado polo prestixioso cuarteto Danish String Quartet.

Na actualidade é oboe solista da NDR Radiophilharmonie (Orquestra Filharmónica da Radio no Norte de Alemaña), e membro do Airas Ensemble.

Julia Estévez (Frauta). Nace en Vigo, remata os seus estudos no Conservatorio Superior de Música da súa cidade natal, obtendo o título de Grao Superior, coa cualificación de Matrícula de honra. Completa a súa formación na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia con Laurent Blaiteau, na Hochschule für Musik Köln (Alemaña), con Robert Winn, e máis adiante realiza un curso de Posgrao en Alcalá de Henares (Madrid) con Magdalena Martínez.

Foi integrante da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, da JONDE, e da Gustav Mahler Jugend Orchester (2007 e 2008), coa que realizou xiras por todo o mundo. Colaborou coa Orquesta Ciudad de Granada, a Orquesta Sinfónica de Castilla y León, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquesta do Palau de les Arts da Comunitat Valenciana. Ocupou a praza de frauta coprincipal na Oviedo Filarmonía de 2005 a 2007.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada