Fernando Salgado, premio Diego Bernal da APG: “O bo xornalista segue a ser necesario nesta senda de sobresaturación periodística, imprescindible, se queremos conservar a liberdade e a democracia”

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, entrega el premio Diego Bernal a Fernando Salgado, en presencia del presidene de la APG, Arturo Maneiro.

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, entrega el premio Diego Bernal a Fernando Salgado, en presencia del presidene de la APG, Arturo Maneiro.

A Asociación de Periodistas de Galicia, APG, encabezada por Arturo Maneiro Vila, entregou o día do patrón –san Francisco de Sales- o premio Diego Bernal ao xornalista Fernando Salgado nun almorzo ao que asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o ex presidente Touriño así como un numeroso grupo de xornalistas de toda Galicia.

Encargouse da laudatio o xornalista Xosé Ramón Pousa que coñeceu o colega moterrosino tras rematar a carreira. Así, derbuxou Pousa os principais trazos da vida profesional de Salgado sempre a cabalo do xornalismo e a política traballando en Mundo Obreiro, La Voz de Galicia y El Progreso intercalando nesta traxectoria, en 1987, a carteira de Economía no executivo de Fernández Laxe ademais de ser secretario xeral de Comunicación durante o tripartito.

Fóra disto, destacou tamén que  “Fernando Salgado esconde no seu interior un poeta que aflora por momentos”.

“O premio Diego Bernal a Fernando Salgado é pola súa actividade periodística co enorme mérito engadido de que Salgado nos seus pasos de actividade profesional á política nunca confundiu os papeis, sabendo estar como xornalista no periodismo e como político na actividade pública sen permitir que se mesturen e confundan as cousas. Algo que non debe ser doado”, afirmou Pousa.

Pola súa parte o galardoado fixo autocrítica da profesión afirmando que “os periodistas formamos un exército cativo e desarmado”. Máis adiante insistiu “somos ademais unha tropa decimada polas baixas e o desemprego e debilitada por cantidades irrisorias. Nunca houbo tanto desfase entre prezo e valor, o que demostra que nos atopamos nun fin de ciclo”.

Para Fernando Salgado “o bo xornalista segue a ser necesario nesta senda de sobresaturación periodística, imprescindible, se queremos conservar a liberdade e a democracia”.

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou de Salgado que “é un premio merecido porque é unha persoa honesta. Escribiu o que considera oportuno e fixo aquilo que consideraba mellor no seu momento. Os seus compañeiros en numerosa representación están hoxe acreditando que o que acabo de dicir e sentido pola inmensa maioría”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1