A VI edición do Festival Primavera do Cine en Vigo festival contará cun xurado de carácter internacional

un novo galardón premiará ao xénero da animación

Reencanto Produccións, en colaboración co Concello de Vigo e o Instituto Camoes, estará un ano máis ao fronte do certame Primavera do Cine.

Reencanto Produccións, en colaboración co Concello de Vigo e o Instituto Camoes, estará un ano máis ao fronte do certame Primavera do Cine.

O prazo de presentación de filmes para concorrer á VI edición do Festival Primavera do Cine en Vigo rematará o vindeiro 21 de febreiro. O certame, terá lugar entre o 5 e o 14 de maio, na cidade olívica. A A.C. Reencanto Produccións, como entidade organizadora, en colaboración co Concello de Vigo e o Instituto Camoes, manterá a súa aposta polo audiovisual galego e lusófono, consolidando así o carácter internacional da cita fílmica.

Así mesmo as actividades paralelas ao festival continuarán coa vontade de orientación de servizo público, visibilizando, en palabras da organización, «proxectos de xustiza histórica e promovendo valores como a ecoloxía e a sostenibilidade, facendo posible, así, un cinema comprometido». As proxeccións terán lugar no Auditorio do Concello de Vigo, como Sede principal; no Instituto Camoes e no Marco, espazo cedido pola Administración local. Existe, asemade, a posiblidade de ampliación a un cuarto esceario, pendente de confirmación. O número de pezas, das que poderá gozar o público, será dunhas cen propostas no computo global de modalidades. As produtoras e cineastas interesados en enviar os seus traballos poden acceder ás bases e ao formulario de inscrición a través da web .

O certame manterá, na presente edición, as súas tres categorías orixinais: curtametraxe, longametraxe e videoclip. Ademais, por segundo ano consecutivo e con intención de permanencia, o festival engadirá categorías de competición para filmes de países lusófonos. Como principal novidade, este ano o festival contará cun xurado internacional formado por profesionais do sector audiovisual que concederá o premio do xurado ás mellores longametraxes galega e lusófonas ,respectivamente . Así mesmo, a organización manterá o tradicional premio do público, outorgado mediante votación popular. Tamén de xeito pioneiro, e dada a tradición e calidade deste xénero cinematográfico, o festival promove a creación dunha sección exclusiva adicada á animación, concedéndolle un galardón propio e diferenciado.

A modo de marco de encontro e con obxectivo de dotar de contido ao festival, a organización ten programadas unha serie de actividades paralelas. Entre elas destaca unha homenaxe ás Xornadas de cinema desenvolvidas desde 1984 no Carballiño, denominadas XOCIVIGA e consideradas como pioneiras do audiovisual galego moderno. A idea da iniciativa é reflexionar sobre o paradigma e as tendencias do sector na actualidade, recuperando o espírito deses encontros e servindo de pulo ao cinema galego. Como efeméride do 120 aniversario da primeira proxección audiovisual na cidade de Vigo, no teatro-circo Tamberlic o 29 de abril de 1897, está prevista unha rememoración desa cita na que Vigo «respirou cine», exercendo deste xeito unha labor de salvagarda histórica.

Esta edición manterá a tradicional actividade, Cine miúdo, orientada a escolares de Educación Primaria para que asistan a cinema clásico musicalizado pola agrupación viguesa, Trío Caspervek. Destacando a importancia da área lusófona, o certame seleccionará un país da cinematografía así coma unha escolma de películas que visibilicen novas propostas. Resulta fundamental, na presente convocatoria, a vontade de implicación da área académica e estudantil para dar a coñecer á canteira e futuro do sector. Para rematar, o Marco de Vigo acollerá unha sesión vermú de cinema e concerto, que o ano pasado gozou de grande aceptación entre os asistentes.

 

 

 

 

O FESTIVAL

 

O certame manterá, na presente edición, as súas tres categorías orixinais: curtametraxe, longametraxe e videoclip. Ademais, por segundo ano consecutivo e con intención de permanencia, o festival engadirá categorías de competición para filmes de países lusófonos. Como principal novidade, este ano o festival contará cun xurado internacional formado por profesionais do sector audiovisual que concederá o premio

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada