A Xunta busca unha alternativa para a estación de autobuses e o Centro Vialia mentres non haxa plan xeral de Ordenación en Vigo

El presidente de la Xunta, acompañado de la ministra de Fomento, Ana Pastor, y otras autoridades ha hecho en tren la ruta A Coruña- Vigo. ARCHIVO.

El presidente de la Xunta, acompañado de la ministra de Fomento, Ana Pastor, y otras autoridades ha hecho en tren la ruta A Coruña- Vigo. ARCHIVO.

A tramitación conxunta da estación de autobuses intermodal e do Centro Vialia a través da Lei 3/2016 representa a única alternativa para impulsar estes dous proxectos mentres o Concello de Vigo non aproba un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a entón ministra de Fomento, Ana Pastor, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantiveron o 11 de xaneiro de 2016 unha xuntanza en Madrid co obxectivo de abordar a situación urbanística do complexo de Urzaiz ante as complicacións derivadas da anulación xudicial do PXOM.

Nesa reunión, o Concello de Vigo, o Ministerio de Fomento e a Xunta acordaron en xaneiro de 2016 abordar conxuntamente a solución urbanística mediante a súa tramitación como un proxecto coxunto ao abeiro da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, que por aquel entón estaba a iniciar a súa tramitación, ata acadar a aprobación definitiva o 1 de marzo.

Logo de traballar nos últimos meses no encaixe dos proxectos da estación de autobuses intermodal (responsabilidade da Xunta), da estación de ferrocarril provisional (xa construída polo Adif) e do Centro Vialia (en proceso de contratación por parte de Adif), a Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou onte o procedemento administrativo para a tramitación do proxecto conxunto, inmediatamente despois de  recibir a solicitude do Adif ao respecto.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada