Salvaterra busca ‘choronas’ para a comitiva do enterro da Lamprea

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un momento antes de ser incinerada a defunta Lamprea nas que as choronas lamentan a súa perda.

O Concello de Salvaterra de Miño ten aberto o prazo de inscrición para participar no xa tradicional Enterro da Lamprea. Celébrase cada ano, o sábado seguinte ao martes de entroido. Neste 2017 será o 4 de marzo. A comitiva percorre as rúas de Salvaterra chorando a morte da súa querida Lamprea. O concello convida a participar de ‘choronas’ coa condición de ir de rigoroso loito e ter disposición a pasalo ben.

O ano 2016 participaron 18 carrozas, con máis de 1.600 participantes, percorrendo e facendo a ledicias das miles de persoas que se deron cita nesa tarde en Salvaterra para ver desfilar as diferentes carrozas e comparsas, chegadas de toda a comarca, que acompañan a comitiva da defunta lamprea e as súas choronas.

Dende o Consistorio invitan a todos a participar, ou ben formando parte dalgunha das comparsas ou carrozas que se inscriban, ou acompañando a ese grupo de “choronas” que despide a súa querida lamprea polas rúas da vila.OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A saída será igual que todos os anos, a partires das 18.00 horas da da Rúa Rosalía de Castro–Rúa Castelao-Rúa Fonte da Vila–Rúa Dona Urraca e rematará na praza do Concello, onde se lerá o testamento da defunta e se lle prenderá fogo, todo isto acompañado dun chocolate ben quente.

Bases Carrozas Comparsas

Bases Entroido Infantil

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1