O Plan integral de Turismo de Galicia cifra o obxectivo do gasto do turismo internacional para o 2016 en 1.050 millóns

Stand de Galicia en Fitur 2014.

Stand de Galicia en Fitur 2014.

O Consello da Xunta fixo balance hoxe da execución do Plan integral de turismo de Galicia tras un ano desde a súa implantación e aprobou actualizar algúns dos seus obxectivos despois de que fosen superados no pasado ano. Deste xeito, o dito estudo amosou que tanto os obxectivos dos indicadores de xestión como as principais liñas que se están a seguir, están sendo acadadas tal e como recolle o calendario de actuación, e mesmo están sendo superadas con grande éxito.
Un dos principais obxectivos fixados no Plan que xa foron superados foi o relativo ao turismo internacional. O número de viaxeiros internacionais que elixiron os establecementos regrados da nosa comunidade no ano 2014 superou o obxectivo proxectado do millón, ao rexistrarse 1.063.612. Así , o Consello da Xunta aprobou hoxe elevar o obxectivo de viaxeiros internacionais para o ano 2016 á cifra de 1.250.000.

 

Tamén se superaron os obxectivos previstos para o gasto que realizaron estes viaxeiros internacionais. No pasado ano os turistasinternacionais gastaron na nosacomunidade 895.230.334 euros. O Consello da Xunta fixou a nova cifra obxectivo dogasto do turismo internacional para o 2016 en 1.050 millóns, fronte aos 836 millónsde euros prognosticados. En canto á cifra de viaxeiros aloxados en establece mentos regrados, superou en 2014 o obxectivo marcado dos 4 millóns de turistas ao contabilizarse neste período 4.042.776. Neste senso, o Consello da Xunta acordou incrementar a dita marca aos 5 millóns de viaxeiros.
Deste xeito, quedou demostrado que as accións do Plan integral están a ter a súa pegada na demanda, tal e como se manifesta no cumprimento dos obxectivos estratéxicos.

 

O Camiño de Santiago como eixe vertebrador
Na primeira liña estratéxica, “O Camiño de Santiago como eixe vertebrador de novas alternativas de turismo e modelo demostrador internacional” as actuacións postas en marcha máis salientables foron a redacción dun plan director do Camiño, o inicio do proxecto Smart Camiño, o convenio de colaboración cos concellos do Camiño Francés para a realización de tarefas de atención ao peregrino e de mantemento e conservación da ruta, o nomeamento do actual rei de España, Felipe VI, do presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, e o seleccionador de fútbol de España, Vicente del Bosque,como embaixadores de honra do Camiño, as actividades enmarcadas no VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco a Santiago –entre as que destaca a celebración do Congreso internacional das peregrina cións-, a creación de novos produtos como a iniciativa gastronómica do Menú Peregrino ou o Railpass, en colaboración con Renfe, grazas ao cal, por un módico prezo, os peregrinos e turistas poden viaxar en tren en Galicia tantas veces como queiran durante dez días.

 

Oferta turística baseada nos recursos endóxenos diferenciais

 

Na segunda liña estratéxica centrada na oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos diferenciais para acadar a deses tacionalización e os novos públicos, destacan accións como a aprobación do Plan de turismo termal para a provincia de Ourense, a asistencia a feiras especializadas, entre as que destaca a participación en Termatalia Arxentina, na que Galicia se consolidou como referente internacional en turismo en saúde, a elaboración da primeira fase de execución do proxecto do Club de Produto da Auga de Galicia, os trens turísticos vinculados a produtos específicos –a enoloxía, as camelias, o termalismo ou os faros e praias salvaxes- premiados nesta pasada edición de Fitur como mellor produto de turismo activo nacional na modalidade de cultura, a potenciación das xornadas de portas abertas das rutas dos viños,a sinalización da Ruta das Camelias, a apertura de dous novos centros BTT –Portas de Galicia e Serra do Xurés-, a promoción das festas de interese turístico, a posta en marcha dun plan para a xestión de fluxos na praia das Catedrais ou a promoción do destino de surf enmarcada no convenio da España Verde,entre outras actividades.

 

Oferta turística baseada nos recursos endóxenos diferenciais
Na segunda liña estratéxica centrada na oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos diferenciais para acadar a deses tacionalización e os novos públicos, destacan  accións como a aprobación do Plan de turismo termal para a provincia de Ourense, a asistencia a feiras especia lizadas, entre as que destaca aparticipación en Termatalia Arxentina, na que Galicia se consolidou como referente internacional en turismo en saúde, a elaboración da primeira fase de execución do proxecto do Club de Produto da Auga de Galicia, os trens turísticos vinculados a produtos específicos –a enoloxía, as camelias, o termalismo ou os faros e praias
salvaxes- premiados nesta pasada edición de Fitur como mellor produto de turismo activo nacional na modalidade de cultura, a potenciación das xornadas de portas abertas das rutas dos viños, a sinalización da Ruta das Camelias, a apertura de dous novos centros BTT –Portas de Galicia e Serra do Xurés-, a promoción das festas de interese turístico, a posta en marcha dun plan para a xestión de fluxos na praia das Catedrais ou a promoción do destino de surf enmarca
da no convenio da España Verde, entre outras actividades.
Consolidación de Galicia como destino ambiental, so cial e economicamente sustentable
As accións da liña estratéxica dirixida á consolidación de Galicia como destino ambiental, social e economicamente sustentable, están presentes en diversas actuacións de maneira transversal, xa que, ás veces tendo outro obxectivo específico, implican pola súa vez unha visión sustentable, social e ambiental.
Deste xeito, neste primeiro ano traballouse no desenvolvemento de destinos accesibles -Rías Baixas e Arousa Norte-, actualizouse e publicouse un folleto específico de establecementos turísticos accesibles, colaborouse na implantación da Carta europea de turismo sustentable, realizouse promoción dos espazos naturais icona como a praiadas Catedrais ou as Illas Atlánticas e puxéronse enmarcha produtos ambientaisespecializados -as rutas ornitolóxicas, as zonas de calidade astronómica para a observación do ceo, a ruta dos mosteiros ou os centros BTT de Galicia-.
Apoio ao talento e ao uso das novas tecnoloxías
Tamén no que se refire ao fomento do talento e ao aproveitamento das novas tecnoloxías para acadar un sector competitivo e un destino intelixente atopámonos con accións con este obxectivo específico e actuacións transversais.
Nesta liña estratéxica podemos destacar a posta enmarcha da Escola de Turismo Itinerante, o apoio á formación, na que salienta a Cátedra de Hidroloxía Médica de Galicia e o máster de Dirección e planificación doturismo interior e de saúde da Universidade de Vigo, e a posta en marcha do plan Smart Turismo, entre outras moitas iniciativas.

 

Neste eido, o Centro Superior de Hostalería de Galicia segue sendo o referente da alta
formación no sector cunha repercusión a nivel mundial.
Promoción e comercialización de Galicia

A promoción e comercialización de Galicia como destino único baseado nun modelo á demanda desenvolveuse no exterior mediante viaxes de promoción, viaxes de familiarización con prensa e turoperadores, viaxes con blogueiros, workshops con turoperadores, ou coa participación en 19 feiras internacionais. Ademais de coa figura do embaixador do Camiño e coa colaboración con empresas, con Galicia Calidade ou con Artesanía de Galicia. Así mesmo, celebráronse diversos congresos, de ámbito internacional ou europeo, en Galicia -Congreso internacional de turismo industrial,Seminario de traballo dos itinerarios culturais europeos, Congreso internacional da camelia, Congreso das peregrinacións e Comité Executivo da OMT-.

 

A promoción do turismo interno e de proximidade realizouse mediante o Mes da Maxia, os programas do Outono Gastronómico, Come o Mar, as Rutas da Artesanía, ou De Tapas por Galicia, entre outros, que recibiu o Premio Excelencia Turística pola súa promoción do turismo urbano.

 

Consenso e cooperación público-privada

 

Por último, a liña baseada no consenso e a cooperación entre o sector público e privado para un marco eficiente e xerador de oportunidades é de claro signo transversal e instrumental. A colaboración co sector público e privado foi unha constante nas actividades en turismo.

 

Nesta liña destaca a colaboración acadada cos xeodestinos, coas catro deputaciónsprovinciais e con diversos concellos, así como coauniversidade, a Administración Xeral do Estado, a Secretaría Xeral de Emigración,a Fundación de Artesanía e do Deseño e con outras institucións públicas.

 

A intensa colaboración co Clúster de Turismo de Galicia sintetiza a que se desenvolveu
con todo o sector empresarial e profesional.

 

En materia de normativa tramitáronse diversos decretos relativos ás festas de interese turístico –xa publicado no Diario Oficial de Galicia-, municipios de interese turístico, guías turísticos de Galicia, así como unha modifica ción da Lei de turismo que xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia para regular as vivendas de alugamento de tempada.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada