Fontevella cumple 22 anos sobre as tablas con ‘Vaia lío de Velorio!’

IMG_2114

Chelo Pampillón (sentada) directora de Fontevella e no papel de Carme, a irmá a defunta en ‘Vaia lío de Velorio!’.

Fontevella cumpre hoxe 22 anos de teatro de veteranos actores entusiastas desta arte. Celebrárono coa obra de Ana Santos ‘Vaia lío de velorio!’ baixo a dirección de Chelo Pampillón, alma mater deste grupo de actores “que xa cumpriron os trinta”, asegura Pampillón. Escolleuse para a estrea o auditorio do Centro Cultural do Porriño.

‘Vaia lío de velorio!’ é unha comedia que asegura diversión. O viúvo Roque (Jorge Pérez) é arroupado por unhas lerchas trala morte de Pilar, a irmá de Carmen (Chelo Pampillón).  Ao pouco de enterrar a defunta, entre eles sacan todos os farrapos sucios.  Carmen lembra a sú irmá de continuo e non está de acordo co que se manifesta e engade algunha que outra opinión que atribúe á defunta. Para se recuperar, Roque marcha de viaxe –un vello proxecto polo que suspiraba a súa dona, ir ao Pilar de Zaragoza, e que el dilatou canto puido ata que sucedeu a morte da infeliz- e volve cunha interesada noiva que  alporiza de novo a Carme, a irmá da defunta.

Abraia ver como estes catorce actores din o seu texto. O decorado é tan simple coma unha sala de estar dunha casa. O público riu en bastantes ocasións, ante os xestos e as palabras dos actores e actrices.

¡Mil primaveras máis para Fontevella!

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1