O Entroido en Salvaterra, unha festa especialmente organizada para os cativos

Unha nena disfrazada no Entroido 2016, en Salvaterra.

Unha nena disfrazada no Entroido 2016, en Salvaterra.

Salvaterra de Miño comeza o Entroido 2017 co Desfile dos centros educativos do municipio este venres día 24, dende a praza do Concello ata o Parque da Canuda. Como é tradición un reguerio de nenos e nenas cos seus profesores encheran de cor o auditorio da Canuda con bailes e ditos e poemas que rematarán coa queima do Meco. Se chovese, entón, no pavillón de Leirado.

O martes, 28, no salón da Casa da Cultura de Salvaterra, Festival Infantil que dará comezo ás 17.30 horas. Os nenos e nenas van ser obsquiados con chocolate e rosca. Haberá karaoke e un concurso de disfraces.

Xa o mercores 1 de marzo, ás 17.00 horas na praza do Concello os nenos e nenas salvaterrenses disfrutarán de música, globoflexia, maquillaxe e tatuaxes de fantasía.

O sábado, 4 de marzo, a partir das 18.00 horas, Enterro da Lamprea. Rógase acodir de loito.Programa_Entroido_Salvaterra

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1