Entroido escolar en Salvaterra, endexamais foi tan divertido ir á escola

IMG_2482

Desfile de Entroido dos centros educativos de Salvaterra. Un grupo de alumnos coas súas profesoras baixan cara o paseo do río coa muralla de Salvaterra ao fondo.

Esta mañá nenos e nenas cos seus profesores e pais, coa organización do Concello de Salvaterra, desfilaron polas rúas salvaterrenses ata o parque da Canuda. Alí no anfiteatro tomaron algo para reparar forzas, contemplaron a  queima do meco e divertironse do lindo nun día case de primavera no que quentaba o sol.


Trogloditas, arañas, abellas, gatos e outra caracterizacións fixeron do desfile unha serpe multicolor.

Ata os profesores e nais dos cativos estiveron á altura cos disfraces.

A tenente de alcalde, Marta Valcárcel, dixo a Grupo ES., nunha entrevista, que esta é unha das actividades máis queridas dentro do Concello para os máis cativos coa colaboración dos distintos colexios e os seus profesores.

Houbo música, zancudo e merenda nunha mañá espléndia en Salvaterra.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
11