Nicolas Rodríguez, Tatiana González y Amelia Álvarez, gañadores do concurso de disfraces en Salvaterra

A edil de Turismo, Marta Valcárcel e os tres membros do xurado xunto aos nenos premiados, na Casa da Cultura de Salvaterra.

A edil de Cultura, Marta Valcárcel e os tres membros do xurado xunto aos nenos premiados, na Casa da Cultura de Salvaterra.

Os gañadores desta edición do Concuso de Disfraces dentro do Festival Infantil foron: 1º Nicolás Rodríguez Porto Nº 57–Sistema Solar; 2º Tatiana González Domínguez Nº 25– Guerreira; 3º Amelia Álvarez Nº 56-Trotamundos. No concurso participaron preto de 100 nenos e nenas “que luciron con gran orgullo os seus traxes, pero sobre todo viñeron con ganas de pásalo ben”, afirman en unha nota de prensa do Concello.

O xurado estaba formado por Sonia Míguez, técnico en Turismo e Animadora Sociocultural; Maria de la Calle, publicista e Animadora Sociocultual;  e Cándido Carrera, copiloto campión do Mundo de Rallies. “Cada ano é máis difícil escoller aos gañadores que se disputaban eses tres premios, valorados en 100, 75 e 50 euros canxeables en produtos, roupa ou material infantil”, sinalou a edil de Cultura, Marta Valcárcel. O xurado puntuou segundo criterios de orixinalidade, traballo do disfraz, a súa confección artesanal e a posta en escena.

A Concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, abriu o acto dando paso a actuación das nais e pais que forman parte do grupo ‘O Coliño Bailongo’. “Unha iniciativa preciosa onde se busca a creación de lazos entre nais, pais nenos e nenas, pero sobre todo busca facer grupo a través dunha actividade tan dinámica como é o baile”. Valcárcel dalle as grazas “por vir unha vez máis a Salvaterra con esa enerxía, simpatía e ilusión que traen”.

Ao finalizar a entrega de premios deu as grazas a todos os presentes por participar un ano máis neste Festival Infantil, “pero sobre todo por ese traballo conxunto a hora de preparar os disfraces entre os nenos e nenas e os seus pais e nais, o que fai desta celebración algo tan especial para os mais cativos”.

Ademais recordou e o próximo 4 de marzo péchase o Entroido co Enterro da Lamprea, e que todo aquel que quixera participar aínda estaba a tempo formando parte da comitiva de choronas que despide a defunta.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1