Patrocinadores: Yolanda Pereira, da Fundación AISGE, Jacobo Sutil, director da Agadic, Ernesto Chao, Presidente da AAAG; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Patricia Blanco,

Patrocinadores: Yolanda Pereira, da Fundación AISGE, Jacobo Sutil, director da Agadic, Ernesto Chao, Presidente da AAAG; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Patricia Blanco,

 A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXI Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 29 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados/as, deste 2017. O Salón Teatro de Santiago acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz e vogal da entidade Nieves Rodríguez, ao que acudiron a maior parte dos/as profesionais finalistas deste 2017. Rodríguez, na súa presentación, destacou que durante a inscrición aos premios un total de 44 espectáculos e ao redor de 400 profesionais, presentaron as súas candidaturas, sendo as cifras rexistradas máis altas ao longo da historia dos María Casares.

En total de 13 espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación-tradución, texto orixinal, escenografía, actriz secundaria, actor secundario, actriz protagonista, actor protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

O tolleito de Inishmann, coprodución de Contraproducións e o FIOT Carballo, converteuse neste 2017 na produción con maior número de finalistas ao obter un total de 11 nomeacións. Pola súa banda, Eroski Paraíso, de Chévere, aspira a 8 galardóns. Raclette, de Ibuprofeno Teatro, opta a 5 premios. Estas tres producións teatrais disputaranse os apartados á mellor espectáculo e dirección.

Voaxa e Carmín, de ButacaZero, tamén aspira a levar 5 premios María Casares, mentres que Foucellas, de Talía Teatro, competirá en 3 categorías.

Os espectáculos A nena que quería navegar, de Redrum Teatro, e Os amores de Jacques o fatalista, de Producións Teatráis Excéntricas, optan a 2 María Casares.

Finalmente, optando a 1 galardón atópanse Xurdefet (Jour de Fête), de Berrobambán; Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro; Tartufo, do Centro Dramático Galego; Get Back, de Eme2 Producións; Danza da Choiva, de Elefante Elegante, e Os Rockenstein, de Malasombra Producións.

 Cada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías (entre parénteses, número de premios ao que optan):

  1. O tolleito de Inishmaan (11): espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actor protagonista (Santi Romay), actriz secundaria (por partida dupla: Susana Dans e María Roja), actor secundario (Evaristo Calvo), adaptación/tradución, escenografía, maquillaxe, vestiario e iluminación.

 

  1. Eroski Paraíso (8): espectáculo, dirección (Xesús Ron), actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), actor protagonista (Miguel de Lira), actriz secundaria (Cristina Iglesias), texto orixinal, iluminación e música orixinal.

 

  1. Raclette (5): espectáculo, dirección (Santiago Cortegoso), actor secundario (por partida dupla: Toni Salgado e Salvador del Río) e texto orixinal.
  2. Voaxa e Carmín (5): actriz protagonista (por partida dupla: Mabel Rivera e Belén Constenla), texto orixinal, maquillaxe e vestiario.

 

  1. Foucellas (3): escenografía, iluminación e música orixinal.

 

  1. A nena que quería navegar (2): espectáculo infantil e vestiario.
  2. Os amores de Jaques o fatalista (2): adaptación/tradución e música orixinal.

 

  1. Tartufo (1): actor protagonista (César Cambeiro).
  2. Xurdefet (Jour de Fête) (1): adaptación/tradución.
  3. Pavillón Lino (1): espectáculo infantil.
  4. Get back (1): escenografía.
  5. Danza da choiva (1): espectáculo infantil.
  6. Os Rockenstein (1): maquillaxe

 

 

Todos os nominados e nominadas destes XXI Premios María Casares.

Todos os nominados e nominadas destes XXI Premios María Casares.

Na Festa dos Nomeados participaron, ademais, os e as representantes dalgunhas das diferentes institucións que colaboran na organización dos premios: A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic-Consellería de Cutura, Educación e Ordenación Universitaria-Xunta de Galicia), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE. Deste xeito, entregáronlles aos nomeados e nomeadas os diplomas Jacobo Sutil, director da Agadic; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña;  Yolanda Pereira, coordinadora da Delegación AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), e Patricia Blanco, en representación da Fundación SGAE. Pola súa banda, o presidente da AAAG, Ernesto Chao, na súa intervención destacou a participación deste ano e a calidade dos espectáculos.

 

 

FINALISTAS XXI PREMIOS MARÍA CASARES 2017

 

Mellor Maquillaxe
candidat@ Espectáculo Compañía
Martina Cambeiro O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Trini F. Silva Os Rockenstein Malasombra Producións
Trini F. Silva Voaxa e Carmín ButacaZero
Mellor Vestiario
candidat@ Espectáculo Compañía
Carlos Alonso / Belén Pichel O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Diego Valeiras A nena que quería navegar Redrum Teatro
Mari Seoane Voaxa e Carmín ButacaZero
Mellor Escenografía
candidat@ Espectáculo Compañía
Carlos Alonso O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Dani Trillo Foucellas Talía Teatro
Suso Montero Get Back Eme2 Producións
Mellor Iluminación
candidat@ Espectáculo Compañía
Afonso Castro Foucellas Talía Teatro
Afonso Castro O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Fidel Vázquez Eroski Paraíso Chévere
Mellor Música Orixinal
candidat@ Espectáculo Compañía
Manuel Riveiro Foucellas Talía Teatro
Piti Sanz Os amores de Jacques o fatalista Producións Teatráis Excéntricas
Terbutalina Eroski Paraíso Chévere
Mellor Adaptación/Tradución
candidat@ Espectáculo Compañía
Cándido Pazó, Santi Romay e Alberto Rodríguez O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Paula Carballeira Xurdefet (Jour de Fête) Berrobambán
Quico Cadaval Os amores de Jacques o fatalista Producións Teatráis Excéntricas
Mellor Texto Orixinal
candidat@ Espectáculo Compañía
Esther F. Carrodeguas Voaxa e Carmín ButacaZero
Manuel Cortés Eroski Paraíso Chévere
Santiago Cortegoso Raclette Ibuprofeno Teatro
Mellor Actriz Secundaria
candidat@ Espectáculo Compañía
Cristina Iglesias Eroski Paraíso Chévere
María Roja O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Susana Dans O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Mellor Actor Secundario
candidat@ Espectáculo Compañía
Evaristo Calvo O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Salvador del Río Raclette Ibuprofeno Teatro
Toni Salgado Raclette Ibuprofeno Teatro
Mellor Actriz Protagonista
candidat@ Espectáculo Compañía
Belén Constenla Voaxa e Carmín ButacaZero
Mabel Rivera Voaxa e Carmín ButacaZero
Patricia de Lorenzo Eroski Paraíso Chévere
Mellor Actor Protagonista
candidat@ Espectáculo Compañía
César Cambeiro Tartufo Centro Dramático Galego
Miguel de Lira Eroski Paraíso Chévere
Santi Romay O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Mellor Dirección
candidat@ Espectáculo Compañía
Cándido Pazó O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Santiago Cortegoso Raclette Ibuprofeno Teatro
Xron Eroski Paraíso Chévere
Espectáculo Infantil
candidat@ Compañía
A nena que quería navegar Redrum Teatro
Danza da Choiva Elefante Elegante
Pavillón Lino Caramuxo Teatro
Mellor Espectáculo
candidat@ Compañía
Eroski Paraíso Chévere
O tolleito de Inishmaan Contraproducións SL /FIOT Carballo
Raclette Ibuprofeno Teatro

 Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios María Casares

 

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa na actualidade a 300 profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia. A súa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público.

 

Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co obxectivo de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro existente neste eido.

 

Os galardóns constan de catorce categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do pano, ademais do Premio de Honra Marisa Soto, que recoñece a traxectoria profesional do galardoado/a. A Xunta Directiva da AAAG é a encargada de outorgar o citado galardón.

 

Aspiran aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas que foran estreadas en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, así como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada