Galicia rematou febreiro cunha caída do paro do 9,9% e cun incremento na creación de emprego e contratación indefinida

A afiliación á Seguridade Social aumenta nun 1,93% e a contratación indefinida nun 7,94%, superando en máis de 7,5 puntos o reflectido na temporal

vizaGalicia rematou febreiro con 23.344 desempregados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do 9,92%, a maior caída neste mes desde hai 20 anos (de toda a serie histórica que é desde 1996). O dato sitúa á comunidade en niveis de hai 7 anos. Ademais creouse emprego e incrementouse a contratación indefinida. Galicia presenta tamén un maior ritmo de caída do paro que España na evolución anual.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que Galicia xa suma máis de 3 anos de caídas do desemprego consecutivas na evolución anual e indicando que “a Comunidade está na boa dirección para consolidar a recuperación económica”. Sinalou, ao respecto, que a afiliación á Seguridade Social segue crecendo na evolución anual nun 1,93%, sendo xa preto de 3 anos consecutivos nos que se incrementa, o que supón a maior subida nun mes de febreiro desde 2008.

Referiuse tamén ao aumento da contratación indefinida, nun 7,94%, superando en máis de 7,5 puntos o reflectido na temporal e ademais apuntou que o peso dos contratos a xornada completa supón xa o 60,9%.

A responsable de emprego apelou, sen embargo, á prudencia, aínda que manifestou que o paro segue baixando nas principais variables: nas catro provincias, nas sete grandes cidades, en todos os sectores e nos colectivos prioritarios para o Goberno galego.

Con respecto ás provincias, detallou que Ourense lidera a baixada con respecto a febreiro de 2016 (-11,27%), seguida de Pontevedra (-10,00%), A Coruña (-9,57%) e Lugo (-9,47%), e sobre os sectores de actividade, apuntou que o desemprego diminuíu en todos eles, liderando outra vez o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -17,21%, seguido da industria cun -10,12%. En canto aos colectivos prioritarios, explicou que a caída foi liderada polos menores de 30 anos (-16,61%), seguida dos parados de longa duración (-10,86%) e as mulleres (-8,45%). Case a metade dos desempregados que saíron do paro nos últimos 12 meses foron parados de longa duración, ao igual que ocorreu en xaneiro.

Toca tamén salientou que o paro baixou con respecto a xaneiro reflectindo a cuarta caída consecutiva nun mes de febreiro, o que resulta, segundo afirmou, “un dato positivo porque indica que se está a romper a tendencia negativa iniciada coa crise económica nos meses de febreiro”.

A secretaria xeral apuntou, por último, que a Xunta traballa cada día para seguir reducindo as cifras do paro a través da Axenda 20 coa que está impulsando o emprego estable e de calidade a través de diversas ferramentas como, por exemplo, a Estratexia do Autónomo con 40 millóns ao ano, o Plan de formación e emprendemento para o rural con 30 millóns ou o impulso á formación para desempregados con 61 millóns.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada