Salvaterra vive este sábado o seu día grande de Entroido co Desfile e o Enterro da Lamprea

Entroido 2015, en Salvaterra.

Entroido 2015, en Salvaterra.

O municipio de Salvaterra de Miño vive este sábado, día 4, o seu día grande de Entroido co desfile de Carrozas e Comparsas da comarca e limítrofes polas rúas da vila.

Este ano, cun presuposto de 5.500 euros,  xa están confirmadas máis de 15 carrozas de toda a contorna, con máis de 1.500 participantes no desfile. Miles e miles de persoas que se achegan ao municipio van darlle o último adeus á lamprea. Hai unha comitiva da defunta, acompañada de choronas, que fan xunto a ela o seu último percorrido.

A saída será igual que todos os anos, a partires das 18.00 horas da da rúa Rosalía de Castro–Rúa Castelao-Rúa Fonte da Vila–Rúa Dona Urraca e rematará na praza do Concello, onde se lerá o testamento da defunta e se lle prenderá fogo, todo isto acompañado dun chocolate ben quente.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada