Preséntase o manuscrito inédito de ‘De catro a catro’ de Manoel Antonio

O coordinador desta edición e responsable da transcrición dos textos, o catedrático Anxo Tarrío

Anxo tarrío, coordinador da edición e responsable da transcrición dos textos.

Anxo tarrío, coordinador da edición e responsable da transcrición dos textos.

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, en colaboración coa Universidade de Santiago, publican o manuscrito inédito da obra De catro a catro de Manoel Antonio. Mañá mércores, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentará a publicación na Fundación Torrente Ballester, ás 19.30 horas.

Ao acto asistirán a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; o director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos; xunto ao coordinador desta edición e responsable da transcrición dos textos, o catedrático Anxo Tarrío.

Este manuscrito inédito publícase en edición facsimilar, respectando fielmente o formato orixinal no que foi creado entre 1926 e 1927. É un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos e considerado ademais como unha das cimas universais da poesía vangardista.

O manuscrito inédito de “De catro a catro” de Manoel Antonio.

O manuscrito inédito de “De catro a catro” de Manoel Antonio.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
11