Un alumno de cociña do Carlos Oroza dá co ‘Sabor Mallorquín’

C4ou3i5UMAEE10V.jpg largeO alumno de 2º do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do CIFP Carlos Oroza, Manoel Messias, clasificouse para a final do primeiro concurso nacional de escolas de cociña Proturchef, que se celebrará do 16 ao 19 de marzo no hotel  Protur Biomar Gran Hotel & Spa de Sa Coma, Mallorca. Neste concurso participarán 20 concursantes escolas de hostalaría doutras zonas do territorio nacional como Canarias, Cataluña, Baleares ou Valencia.

Messias concursa coa receita ‘Sabor mallorquín’ elaborada co ingrediente principal do concurso, unha carne de porco denominado “cerdo negro mallorquín”, e na que é indispensable que se combinen solombo e carré, ademáis dunha listaxe de ingredientes e a marca persoal de cada cociñeiro.

O xurado encargado de valorar as propostas está formado polos hermanos Torres (Javier e Sergio), os estrelas Michelín Tomeu Caldentey e Fran López, Marc Fosh e o crítico gastronómico Toni Tugores. O encargado de conducir o concurso será o cociñeiro Koldo Royo.

Este concurso forma parte dun gran evento no que haberá outras actividades paralelas como un mercadillo gastronómico, obradoiros, degustacións, food trucks e showcookings con cociñeiros con estrela Michelín.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada