Alumnos del Carlos Oroza guiando a invidentes descubrirán espazos e oficios antigos en Pontevedra

Titulan a actividade: “…Imos de compras, prohibido non tocar”

Alumnos del Carlos Oroza con otra actividad en las calles de Pontevedra. ARCHIVO.

Alumnos del Carlos Oroza con otra actividad en las calles de Pontevedra. ARCHIVO.

O grupo de alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turísticas do CIFP Carlos Oroza, mañá xoves, van desenvolver un exercicio práctico de guiado de persoas afiliadas a ONCE.

O obxectivo desta actividade é “a revelación in situ”, é dicir, dedescubrir e valorizar espazos e oficios antigos a través de aspectos, anécdotas e datos curiosos e relevantes que resultan descoñecidos para os visitantes relacionados cos vellos oficios, talleres dos artesáns que milagrosamente sobreviven e chegan a nós no S.XXI.

Van facelo a través de antigas e curiosas tendas, locais que xeración tras xeración siguen transmitindo eses antigos oficios e hoxe non solo son centros de produción, senón tamen espazos moi peculiares, rancios e atractivos que teñen moito que transmitir, e nós imos interpretar eses valores a un grupo de 20 afiliados a ONCE.

Esta vez entre os invitados contamos con varios responsables do Centro de Recursos Educativos de Pontevedra como Marián Lorenzo ( Vicepresidenta del Consejo Territorial de la ONCE), Paula Calvete (Nueva directora en la Agencia) e Lupe Murillo como invitada de honra a que van propoñer que faga a visita cun antifaz simulando dificultade visual.

Tamén neste caso, o alumnado considerou de interese invitar a esta actividade a responsables da Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental, para que así poidan experimentar en primeira persoa un paseo pola zona comercial tamén con antifaces: Mónica Tomé – Gerente del CCU ZM , Rita Cores – Técnico del CCU ZM

Imos contar neste caso cos verdadeiros protagonistas que son os donos e traballadores destas tendas e talleres, algunhas centenarias.

O alumnado traballou aspectos e datos que relacionan estes oficios e artesáns con variadas disclipilnas como a histórica, sociedade, política, artes, relixión, economía… así temén copmo a súa relación coa cidade e cos cidadáns da Boa Vila.

Este xa é o 5º curso que poñemos en práctica un novo produto turístico para a cidade de Pontevedra con estas visitas baseadas no atractivo da sorpresa en entornos e recursos diferentes, asi como visitas accesibles e adaptadas na liña que o CIFP Carlos Oroza traballa co alumnado no seu proxecto de innovación educativa, “Para ti,…parara”.todosmin

A aventura vai dar comezo ás 12 hrs. na praza da Peregrina e tras percorrer 8 estabrecementos emblemáticos, vai rematar no forno Abelleira onde non só van coñecer este centenario obradoiro de pan, senón tamén van disfrutar dunha degustación de produtos elaborados ali mesmo.

Pero o traballo do alumnado do CIFP Carlos Oroza non remata alí, xa que tras este paseo o grupo de visitantes van degustar un exquisito menú baseado na comida asiática que van a elaborar e servir alumnado dos ciclos de Cociña, Panadería e pastelería e Servizos de Restauración, estudantes tamén formados polo seu profesorado e polos técnicos da ONCE no deseño e servizo de menús adaptados para persoas con deficiencia visual.

Para facilitar mellor as explicacións e a entrada nos locales onde os donos van participar nas explicacións os visitantes van facer 3 grupos e todos van coñecer os mesmos locais comerciais que son:

CERERÍA SAN ROMÁN

A MODA DE ABAIXO

FARMACIA EIRAS-PUIG

ZAPATERÍA PATRICIO

IMPRENTA EL PUEBLO

DROGUERÍA LA MODERNA

CESTERÍA CESTIGAR

CUCHILLERÍA  E  AFIADOR  “Carlos  Gómez”

PANADERÍA ABELLEIRA

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2