Feijóo destaca o cosmopolitismo de José María Barreiro como mostra de que Galicia é “un gran país” con vocación universal

barreiro2O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na inauguración da exposición ‘Barreiro: Santa María de Cela, un entorno máxico’, o cosmopolitismo de José María Barreiro como mostra de que Galicia é “un gran país” con vocación universal.

 

Nesta liña, Feijóo aseverou que está “nas nosas mans continuar o trazo do pintor na procura dun mundo propio que, sumado aos de todos os demais, crea ese collage chamado galeguidade: “Unha estampa xenuína, pero tamén plural; e unha estampa que viaxa polo orbe da man dos que, como José María Barreiro, traballan incansablemente polo engrandecemento desta terra”.

 

Feijóo salientou que, ao igual que os homes da Xeración Nós souberon que o cosmopolitismo tiña unha estación privilexiada no mesmo recuncho do planeta que os viu nacer e quixeron ampliar as fronteiras da súa patria ata converter o galeguismo en cédula de universalidade, José María Barreiro fixo o mesmo. “Ti sabías o mesmo, quixeches o mesmo e por iso fixeches o mesmo. E o fixeches como manda o expresionismo: ao teu xeito, sempre senlleiro e persoal”, aseverou.

 

O titular do Goberno galego concluíu a súa intervención destacando o labor do Museo Provincial a prol do patrimonio da Comunidade, constituíndo “un magnífico marco para seguir espallando a dilatada obra de quen viviu e traballou cos Seoane, Lugrís ou Laxeiro, pero tamén un exemplo de compromiso público coa cultura, as artes e a etnografía da nosa terra”.barreiro1

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada