Alumnos do CEIP Infante Felipe de Borbón, CEP Carlos Casares de Alxén e no CEIP de Leirado, nenos e nenas do CRA A Lagoa farán plantación de árbores no Parque Público A Canuda de Salvaterra

Máis de 700 nenos e nenas de Salvaterra de Miño participarán nos actos conmemorativos do Día da Árbore

Un momento de la plantación de la gran palmera africana en el parque de A Canuda en 2007.

Un momento de la plantación de la gran palmera africana en el parque de A Canuda en 2007.

Con  motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente de Salvaterra de Miño, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio.

A celebración deste día sirve como recordatorio da importancia de protexer as superficies arboladas. As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións, evitan a erosión… Este día internacional naceu como unha recomendación do Congreso Forestal Mundial aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Almimentación (FAO) no 1971, e o día elexido para a celebración no noso país foi o 21 de marzo, co fin de por en valor e recordar a gran importancia de protexer un ben tan preciado e tan necesario para  a nosa subsistencia, tomando conciencia do papel que teñen os recursos forestais e o coidado que se lle debe bridar ás árbores, iso lévanos a necesidade de introducir aos nenos e nenas o antes posible, no coñecemento e a práctica dunha tarefa a longo prazo como é o aprendizaxe no coidado e conservación da natureza.

Sabedores da gran importancia que teñen estas iniciativas o Concello de Salvaterra de Miño plantará diversas árbores nos seus Centros Educativos para conmemorar o Día Internacional da Árbore facendo  partícipes aos máis cativos, e así levarase a cabo a plantación de diversas árbores froiteiras e carballos no CEIP Infante Felipe de Borbón, no CEP Carlos Casares de Alxén e no CEIP de Leirado, os nenos e nenas do CRA A Lagoa farán a plantación no Parque Público A Canuda, ese “Xardín sobre o Miño” que é o pulmón verde da comarca. Ademais  todos poderán desfrutar dun  espectáculo infantil “A Música das Árbores”, a través do cal mostraráselle a gran importancia que teñen as árbores e o que provocan os incendios, os lumes, as talas … no noso día a día, buscando a concienciación entre os que serán os encargados de defendelos no futuro máis cercano. O día 21 realizara a actividade o CEIP  Leirado  e o CEIP Infante Felipe e o 22 de marzo o Carlos Casares e o CRA A Lagoa.

Desta maneira o Concello quere por en valor unha vez mais a gran importancia da natureza e do medio ambiente  realzando a  gran labor que realizan as árbores, a través dos nenos e nenas do municipio. Temos que recordar que  Salvaterra é un dos Concellos que ten  mais metros cadrados  de zonas verdes ten  por habitante, paseos polor seus ríos,  ademais de ter máis de 1.000 árbores plantadas na Vila.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada