A Asociación Cultural Fotoforum Compostela reúne 61 instantáneas de 58 autores diferentes

Pazo de Monroy. Alberto Lema.

Pazo de Monroy. Alberto Lema.

Baixo o título “Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela”, o Consorcio de Santiago e a Asociación Fotoforum Compostela promoven unha exposición de fotografías que mostra a evolución urbana de Santiago. Reúne un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes.

A mostra vaise exhibir na Casa do Cabido, na Praza das Praterías. Ao acto de inauguración, que terá lugar mañá xoves, asistirán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o comisario da exposición xunto a Belén Castro e presidente de Fotoforum Compostela, Fuco Reyes; varios dos fotógrafos participantes nesta mostra; ademais do responsable de Publicacións e Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada