Xuristas da 41ª promoción da quenda libre de letrados da Administración de Xustiza xuraron os seus cargos

justiciaO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolleu hoxe o acto de xuramento ou promesa da 41ª promoción da quenda libre de letrados da Administración de Xustiza. O acto celebrouse ante a secretaria de Goberno do Tribunal, Concepción Otero Piñeiro, e foi presidido por Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidente do TSXG.

Xuraron ou prometeron catorce letrados destinados á Estrada, Cambados, Monforte, Ordes, Caldas de Reis, Vilagarcía, Celanova, Ponteareas e Corcubión. Ao acto asistiu tamén o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, así como membros de Sala de Goberno, letrados da Administración de Xustiza e representantes de colexios profesionais.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1