O sector vitivinícola de Lugo acadou 3,2 millóns de euros en exportación durante 2016

condeO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que participou na inauguración da XXXVII Feira do Viño de Amandi en Sober, destacou o potencial exportador do sector vitivinícola da provincia de Lugo. No ano 2016 facturou ao exterior 3,2 millóns de euros, fundamentalmente cara países como Portugal e EEUU.

O conselleiro asegurou que a DO Ribeira Sacra conta con todas as características que definen a marca Galicia Calidade; unha materia prima única, un labor por innovar sen renunciar á tradición e o esforzo por traspasar fronteiras.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada