Os emprendedores do moble e a madeira de Galicia facturaron máis de 1.900 millóns

As 3.000 empresas que conforman o sector exportan máis de 800 millóns

maderaO presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a exposición Da árbore á cadeira como unha homenaxe á tradición da madeira en Galicia, que serve para recoñecer as implicacións dunha actividade que fala do que temos e do que somos.

Durante unha visita á mostra, Feijóo afirmou que esta exposición reflicte que a madeira forma parte indispensable da nosa vida diaria, a través dos mobles; e que transcende ao valor de utilidade, pois tamén serve á creatividade, a través das obras de arte.

Así mesmo, incidiu en que o corazón forestal de Galicia significa: unha oportunidade, porque o seu valor económico repercute positivamente na economía do rural, sendo o mellor xeito de diversificalo e asegurar o seu futuro; competitividade, porque dá emprego a 70.000 persoas; e identidade, porque a masa forestal e todo o que implica é patrimonio e froito da responsabilidade de todos os galegos.

Nesta mesma liña resaltou que os emprendedores do moble e a madeira de Galicia facturaron máis de 1900 millóns de euros; e as 3000 empresas que conforman o sector, das que un 37% pertencen á primeira transformación e un 63% á segunda, exportan máis de 800 millóns de euros.

O titular da Xunta concluíu apostando por seguir aproveitando a madeira como recurso natural propio, e por facelo de maneira sustentable.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada