O día 18 de abril abre o prazo para inscribirse nas oposicións de Educación

CEIP XELMIREZA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no portal educativo a orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (). Deste xeito, a Xunta cumpre co compromiso de convocar as oposicións en prazo – a convocatoria do pasado ano 2016 foi publicada no DOG o 19 de abril – e coa debida seguridade xurídica para os aspirantes. Nos próximos días a convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 18 de abril e rematará o 9 de maio de 2017. Este prazo xa inclúe os dous días de traballos de mellora no sistema informático desta Consellería que se anunciarán coa debida antelación a través dos enderezos electrónicos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para iso poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Como vén sendo habitual, o inicio das probas selectivas realizarase unha vez rematado o curso escolar. A distribución de prazas por especialidade queda como segue:

CORPO
ACCESO
INGRESO
TOTAL
Profesores de ensino secundario
108
432
540
Profesores técnicos de formación profesional
80
80
Mestres
400
400
Profesores de música e artes escénicas
23
23
TOTAL
131
912
1.043
Especialidade
Prazas A2-A1
libre
Total
 
Profesores de ensino secundario
Lingua Castelá e Literatura
12
50
Xeografía e Historia
13
50
Matemáticas
20
80
Física e Química
13
50
Bioloxía e Xeoloxía
9
30
Inglés
12
50
Educación Física
5
20
Lingua Galega e Literatura
12
50
Análise e Química Industrial
3
15
Asesoría e Imaxe Persoal
3
12
Hostalaría e Turismo
3
15
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica
3
10
TOTAL
108
432
540
 
Profesores técnicos de FP
 
Cociña e pastelería
10
Equipos Electrónicos
18
Laboratorio
14
Mantemento de vehículos
18
Sistemas e Aplicacións Informáticas
20
TOTAL
-
80
80
Mestres
Educación Infantil
50
Lingua estranxeira: Inglés
45
Lingua estranxeira: Francés
20
Educación Física
35
Música
35
Pedagoxía Terapéutica
80
Audición e Linguaxe
70
Educación Primaria
65
TOTAL
-
400
400
Profesores de Música e Artes Escénicas
Especialidade

Prazas
A1-A1

libre
Total
Acordeón
2
Clarinete
2
Guitarra
2
Frauta Traveseira
1
Óboe
1
Piano
5
Viola
1
Violín
2
Violoncello
1
Linguaxe Musical
6
TOTAL
23
-
23
Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1