Arturo Grandal, alcalde salvaterrense: “Espero que un día Salvaterra e Monçao sexan unha soa vila”

Augusto Domingues, presidente de Monçao: “Esta é unha relación de futuro”

De iz. a Dcha: Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra; Andres Acuña, segundo teniente de alcalde de Salvaterra; Alfonso Rueda, vicepresidente de la Xunta de Galicia; Marta Valcárcel Gómez​, primera teniente de alcalde de Salvaterra; Agusto Domingues, presidente de la Cámara Municipal de Monçao; y José Luis Carneiro, secretario de Estado de la Comunidades portuguesas, tras la constitución de la Eurocidade Salvaterra-Monçao. Sostienen un pequeño carballo para plantar despues de inaugurar el edificio de la asociación Raia, Asociación Transfronteiriza de Educación Ambiental.  .

De esq. a Dta: Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra; Andres Acuña, segundo tenente de alcalde de Salvaterra; Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Marta Valcárcel Gómez​, primeira tenente de alcalde de Salvaterra; Agusto Domingues, presidente da Cámara Municipal de Monçao; e José Luis Carneiro, secretario de Estado das Comunidades portuguesas, trala constitución da Eurocidade Salvaterra-Monçao. Sostieñen un pequeno carballo para plantar despois de inaugurar o edificio da asociación Raia, Asociación Transfronteiriza de Educación Ambiental.

Dous anos de traballo conxunto entre a vila lusa de Monçao e a española de Salvaterra de Miño concluìu este luns coa presentación da sede da Eurocidade Monçao-Salvaterra.

Nun acto no antigo posto fronteirizo monçasense, o alcalde presidente de Monçao, Augusto Domingues, e o seu colega español Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra, acompañados do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luis Carneiro, deron por comezado un novo camiño conxunto destas vilas.

Entre os invitados estaba o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, así como o empresario portugués, Francisco de Calheiros, alcaldes e concelleiros da comarca, o xerente de la Cámara de Comercio de Vigo, José Manuel García Oris, entre outros, e numerosos veciños das dúas vilas.

Ambos alcaldes recoñeceron que a orixe estivo no 20º aniversario da ponte internacional que une Salvaterra e Monçao, cando acordaron colaboración en temas de cultura, educación, sociais e económicos. Augusto Domíngues destacou que aínda existen “escollos” entre ambas comunidades. Non obstante, dixo, “Esta é unha relación de futuro”. Domíngues lamentou que non se fisexe con anterioridade.

Expuxo, ademais, proxectos conxuntos, como un barco turístico, a unión coas ecopistas a través da ponte internacional, … “Ideas non nos faltan. ¡Que veña o diñeiro!”, exclamou.

Para iso a Eurocidade conta cunha sede física, o antigo posto fronteirizo de Monçao, onde unha xerente, Diana Correia, vai preocuparse de solicitar subvencións europeas transfronteirizas. Salvaterra achega 10.000 habitantes e Monçao 20.000.

Pola súa banda, Grandal falou dun “día con moito futuro”.

Ambos alcaldes manifestaron a amizade que se profesan un ao outro dende hai anos. “Coincidimos dous amigos, dous minhotos e minhotos do río Miño” describiu Grandal. O alcalde salvaterrense fixo fincapé en que o río Miño une. “Foi a única industria que había”, referíndose ao contrabando de hai anos. “¡Contrabando para comer!”, subliñou. Un río que “fomentou as boas relacións” a ambos lados.

Grandal apelou á escasa distancia física xa que, dixo, a casa do concello e a cámara distan pouco máis de 1 quilómetro e as murallas están a 400 metros.

Nas accións conxuntas Arturo Grandal falou de editar folletos turísticos comúns, de axendas culturais únicas e de “vender” o produto turístico conxuntamente.

Detívose na necesidade de ampliar e acondicionar a ponte internacional para facilitarlles o paso aos peóns así como unir o carril bici de Salvaterra con Monçao. Describiu a ponte coma “unha rúa” pequena de 250 metros que hai que “urbanizar”. E engadiu que xa foi con Domingues a Lisboa para solicitar un proxecto.

Grandal referiuse tamén ao barco turístico para o que se realizaron estudos sobre a profundidade do río –batimétricos- . E concibe o Miño coma “un pequeno Douro” onde se pode navegar e fondear en quintas e leiras dedicadas ao  cultivo do albariño/alvarinho e isto podería xerar turismo…

E concluíu: “Espero que un día Salvaterra e Monçao sexan unha soa vila”

Despois, as intervencións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do secretario para as Comunidades portuguesas, José Luís Carneiro, ofreceron a colaboración das súas respectivas administracións para levar adiante a Eurocidade Monçao-Salvaterra.

A continuación as autoridades descubriron unha placa á entrada da sede da Eurocidade, visitaron as instalación e foron obsequiados con senllas cestas de produtos lusos e galegos. Ademais descubriron outra placa na Asociación de Educación Medioambiental, Raia, -nun inmoble próximo-, onde foron obsequiados con pequenos carballos para plantar.

A festa continuou  cunha merenda ao aire libre e coa intervención dos grupos de gaitas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2