‘Salvaterra Milenaria’ falla o concurso do certame para entregar os galardóns o vindeiro 24 de maio

IMG-20170516-WA0006

A primeira tenente de alcalde Marta Valcárcel e representantes dos centros educativos de Salvaterra nas Covas de dona Urraca, Castelo de Salvaterra.

A primera teniente de alcalde, Marta Valcárcel Gómez reúnese cos representantes dos Centros Educativos de Salvaterra que participaron no Primeiro Certame “Salvaterra Milenaria” co fin de escoller os traballos gañadores deste certame.

O próximo 24 de maio, festivo local, e dentro da programación do acto conmemorativo, farase entrega dos premios do primeiro certame artístico que organiza o Concello co obxectivo de que o alumnado dos Centros de Ensino do Concello nos ofrezan a súa visión do pasado da nosa vila, ao tempo que se fomenta a súa imaxinación e creatividade, así como a participación nas actividades culturais do Concello. Para isto, establecéronse diferentes categorías, atendendo tanto a disciplina utilizada como a idade dos/as participantes: Debuxo para os nenos de preescolar, manualidades para os de primaria e secundaria e relato para os de bacharelato.

As obras deberán ser orixinais e inéditas, estar en lingua galega e ter unha temática relacionada co pasado de Salvaterra de Miño, a ser posible coa etapa medieval.

Haberá tres premios por cada categoría que consistirán en vales para gastar en material escolar, informático ou deportivo. Os traballos serán expostos na web do Concello e nas covas de Dona Urraca o día da conmemoración do Milenario da Vila, o 24 de maio no Castelo de Dona Urraca, enmarcados da programación que ofrece o Concello a todos os seus veciños que comezarán as 11.00h da maña coa benvida e recreación do acto de cesión da Vila de Laceduruim, un 24 de maio do ano 991; ás 11,15 farase entrega dos premios do certame, ás 11.30 terá lugar a actuación do Coro Lacedurium e o acto pecharase cun espectáculo de “Malabares medievais” e xogos tradicionais na Praza da Igrexa.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada