O trío 2naFronteira participa nunha homenaxe a Carlos Casares en Gondomar

 Trío, 2naFronteira

Trío, 2naFronteira

En este Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar,  a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción. 

O acto vai ser amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).

O acto comezará ás 19.30 horas, no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2