Carmen Penim, artista: “Son pouquiñas as mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas e, non obstante, hai moito talento”

Carmen Penim actuando en Gondomar, o Día das Letras Galegas, nun evento organizado polo IEM e patrocinado polo Concello de Gondomar.

Carmen Penim actuando en Gondomar, o Día das Letras Galegas, nun evento organizado polo IEM e patrocinado polo Concello de Gondomar.

Muller de fronteiras. De aí o nome do grupo 2naFronteira. Grupo flexible. Carmen Penim, unha arraiana d0 Couto Mixto, Ourense, cun pianista italiano, Maurizo Polsinelli son unha formación á que, ás veces, únense outro ou outros músicos formando un trío ou aínda un quinteto.

Carmen ten un engado misterioso trala súa voz e interpretación que transmite ao público e todo presentado con moita sinxeleza.

Actuou en Gondomar, o Día das Letras Galegas nun evento organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, co patrocinio do Concello de Gondomar. 2naFronteira interpretou varios temas, entre eles, ‘Amemos’ un poema de Carlos Casares e Vertical (de Herdeiras).

Penim está agora ‘herdeizada” cun proxecto que chama “coral” e que “fala da muller e da memoria histórica do 36”. A artista está a piques de recoller os seus froitos. E universalízao: “Calquera muller en calquera lugar pode sentir cousas semellantes”.

Que fose este ano homenaxeado Carlos Casares no día das Letras parécelle ben, “porque non morreu hai tantos anos…; hai proximidade; vive xente coa que protagonizou anécdotas… Así hai sensación de presenza…”. Confesa que é unha mágoa que Casares non se dedicase máis á poesía e cualifica ‘Amemos’ de un poema “marabilloso”.

Pero á artista gustaríalle que o vindeiro homenaxeado pola Real Academia Galega fose, para o ano 18, unha muller. “Son pouquiñas as mulleres homenaxeadas nas Letras e, non obstante, hai moito talento”. Propón a Xela Arias “polo respecto ás mulleres que tiran desta candidatura”. En resumo, a Penim dálle igual a muller que sexa, “con tal de que sexa muller eu estaría contenta”.

Ao seu xuízo a música galega goza de boa saúde, “pero isto non quere dicir que sexa doado dedicarse a ela. Coa crise todo foi para atrás. Impensable que un músico se dedique só á música. Hai que compaxinar con outros traballos. Iso pesa á hora de compoñer, ensaiar, viaxar para actuar fóra…; limítate bastante”. Ela, de feito, combina a interpretación musical co labor de profesora de lingua española e oratoria en Moaña.

Pola contra, afirma que “a creatividade [galega] está polas nubes”.

O galego, na súa opinión, non crece con suficiente forza nas novas xeracións e, especialmente, nas grandes cidades é difícil escoitar os rapaces, dun xeito espontáneo, falar en galego.

Ao mundo empresarial galego a artista mándalle unha mensaxe clara. “Noutros lugares hai empresarios, capital privado, que teñen claro que a cultura é tamén un patrimonio e un capital. Aínda no terreo espiritual coma no económico pode ser rendible apostar pola música. Fóra das nosas fronteiras, valórase que as persoas contentas traballan mellor.

Na súa familia houbo grandes voces masculinas e sempre unha querenza pola música. Do seu pai di que non puido desenvolver esta afección… “Na posguerra o canto era un luxo”.  Agora a carreira artística de Carmen é como unha espiñiña que se quita o seu pai con orgullo… E fala tamén da nai que sabe cantar moitas coplas.

Carmen Penim cualifica as súas ideas de “perigosas” cara ao futuro. Agora que deixa de estar “consumida” por ‘Herdeiras’ e vai recoller a recompensa a tanto traballo, Penim di que o próximo proxecto podería ir tamén por eses “mundos difíciles que teñen que vivir as mulleres”. E, máis concreto, quere recuperar coplas nun disco.

Print Friendly
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
5