Fegatea inicia o seu Circuito Galego de Teatro Amador con ‘A rúa do inferno’ de Axouxere

Cinco obras de teatro no Porriño

 'A rúa do Inferno' de Axouxere.

‘A rúa do Inferno’ de Axouxere.

O circuito Galego de Teatro Amador comeza en O Porriño, mañá venres, con a obra ‘A rúa do Inferno’ de Axouxere. O Circuito chegará  ata outubro con máis de 68 grupos actuando nas distintas vilas, e outras 7 representacións no Magan en Santiago.

“Atrezo teatro agradece, ao Concello do Porriño o seu apoio para a celebración deste circuito e a Fegatea polo seu tesón e a súa incamsabel loita e á consellería de Cultura que garante levar acabo todas as actividades ca Fegatea xa ten en marcha”, afirma a presidenta de Fegatea, Chelo Pampillón.

PROGRAMA NO PORRIÑO

DIA 9 DE XUÑO AXOUXERE “A RUA DO INFERNO”

A tres mulleres traballadoras dun supermercado presentáselles a oportunidade de participar nun concurso de sevillanas e gañar 6.000€…Suponse que son amigas, pero ante un “problemiña” ,sairán as súas autenticas personalidades, vidas e miserias.

Total unha comedia hilarante, co seu pouquiño (ou moito) de mensaxe.

 

DIA 10 DE XUÑO PASO DE VALVERDE “ÁS PORTAS”

Esta e unha historia de guerra, de lembranzas e de ESPERANZA DE CAMBIO.

“Cando o perdes todo, só podes resignarte ou loitar”

 

'As Portas'

‘As Portas’

DIA 11 DE XUÑO TRECOLA TEATRO “CLING”

A historia dunha moeda moi cómica  desde a noite dos tempos ata a actualidade.

PARA PUBLICO FAMILIAR.

 

DIA 16 DE XUÑO” ENCRUCILLADA  NO CAMIÑO” ATREZO TEATRO

¡¡ O CAMIÑO!! Os camiños porque esta o FRANCES o DA PLATA o DO NORTE o DO SUR o PORTUGUES o… o… o… CAMIÑO DA COSTA. Xa esta, e cando se xuntan, xúntanse tamén os camiñantes cas súas miserias, soños, desilusións,ricos que queren ser mais ricos, pobres que soñan con ser ricos, coristas,políticos,teatreiros, ladróns,parados, avogados,labregos,a  tamén un “APOSTOLO” e un longo etc.

'Encrucillada'.

‘Encrucillada’.

Se os xuntamos nunha ENCRUCILLADA NO CAMIÑO seguro que se porán a indagar sobre a identidade, sobre que e o que fai que un ser humano sexa el e non outro. Por que quen escolla a vida? Quen escolle ser o que é? Eu non. E ti?

 

DIA 17 DE XUÑO ATREZO TEATRO “O PRINCIPIÑO”

Cando un NENO che di frases como:

O ESENCIAL E INVISIBLE OS OLLOS

EU PODO XUZGARME A MIN MESMO EN CALQUERA PARTE, PERO NON ME GUSTA XUZGAR A NINGUEN. E MENOS AINDA CONDENAR A MORTE…

AS PERSONAS MAIORES NON ENTENDEN NADA, SON MOI RARAS.

Pois escoitalo e reacionas, cambias ou se non e que non entendiches NADA.

 

CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR E  FESTIVAL AGUSTÍN MAGÁN 2017

 A Federación Galega de Teatro Afeccionado está composta na actualidade por 53 agrupacións teatrais representativas das catro provincias galegas, o que constitúe, nestes momentos, a maior estrutura teatral organizada e denota o interese dos grupos galegos en traballar nunha mesma dirección. Cabe destacar que cada unha destas agrupacións contribúe a desenvolver, á súa vez, o movemento cultural e social da súa localidade, onde, en moitos casos, se ofrecen como  única alternativa de programación cultural.

Nos primeiros anos, a Federación dedicou os seus esforzos ao fornecemento do tecido cultural ao redor do teatro amador no ámbito autonómico. Acadado este obxectivo por medio dunha programación estable que abrangue actividades formativas, de intercambio, mostras e festivais de teatro, nos últimos tempos, a FEGATEA está, tamén, a promocionar o teatro amador galego no resto do estado, e mesmo no país fronteirizo a través da Plataforma PLATTA, da que é promotora.

Na actual situación económica, o labor que ven desenvolvendo a FEGATEA é, se cabe, máis necesario. Ademais do seu valor social e cultural, as accións teatrais programadas pola federación xeran un movemento económico importante a nivel autonómico a través da contratación de servizos e profesionais, de xeito que o investido nas mesmas repercute directa e indirectamente no eido empresarial (hostalería, empresas de iluminación, son, vestiario, perruquería, aluguer de vehículos… e profesionais das artes escénicas como formadores e/ou colaboradores).

Porén, os esforzos encamiñados a manter a actividade do teatro amador son, tamén, esforzos encamiñados a impulsar a actividade económica, máis aínda cando a sociedade galega ven de render homenaxe a unha figura emblemática do teatro que comezou a súa andadura no eido amador. Ainda  así non podemos consideralo como unha verdadeira industria senón como un piar social e cultural de Galicia e  neste caso a Federación como un mecanismo útil para a coordinación do teatro afeccionado na nosa comunidade.

A Federación Galega de Teatro Afeccionado basea as súas accións no sostemento do movemento teatral amador en tres aspectos básicos:

Formación: A formación contínua das entidades teatrais.

Movemento  teatral: Actividade teatral dos grupos de teatro e a difusión da lingua galega.

Investigación teatral: Foro anual de investigación da actividade teatral galega.

O Circuíto programa arredor de 60 funcións de teatro cada ano, distribuídas entre 13 localidades das catro provincias galegas. Esta programación permite aumentar a oferta teatral e achegar o teatro a distintos tipos de públicos, ó tempo que os grupos de teatro federados poden amosar a súas montaxes en localidades distintas da súa. A colaboración entre asociacións teatrais e institucións públicas contribúe, deste xeito, á dinamización social e cultural do país.
A programación do Circuíto ten unha imaxe común determinada pola FEGATEA.

 

SEDES E GRUPOS ORGANIZADORES DOS CIRCUÍTOS 2017

Antas de Ulla FEGATEA – Club Lectores da Biblioteca 17/09 a 22/10
Oleiros FEGATEA- Axóuxere Teatro 17/09 a 21/10
Narón FEGATEA- O Aturuxo de Melpómene 17/09 a 01/10
Cuntis FEGATEA- Chumpá Teatro 30/09 a 08/10
O Carballiño FEGATEA – Tiruleque Teatro 02/09 a 24/09
Nigrán FEGATEA- Porta Aberta 02/09 a 10/09
O Grove FEGATEA – A.C.X. Enxebre 30/09 a 21/10
Monterroso FEGATEA- Falcatrueiros 16/09 a 24/09
O Porriño FEGATEA –  Atrezo Teatro 09/06 a 17/06
Comesaña (Vigo) FEGATEA – O Transo Novo Teatro 16/09 a 30/09
Barbadás FEGATEA- Teatrino 30/09 a 21/10
Valladares (Vigo) FEGATEA – Teatro Escoitade 07/10 a 15/10
Vedra FEGATEA  – Andaravía Teatro 29/09 a 21/10
O Ferrol FEGATEA- Max Teatro 09/09 a 30/09

 

GRUPOS PARTICIPANTES NO CIRCUÍTO 2017

O TRASNO

ANTAS DE ULLA

HIPÓCRITA

TEATRINO

ATREZO

ANDARAVÍA

AXÓUXERE

PASO DE VALVERDE

TANGATUTANGA

ATURUXO

TIRULEQUE

ACHADEGO

TRÉCOLA

NOVA ESCENA

DITEA

CHUMPÁ

PORTA ABERTA

GARGALLADA

A MÁMOA

HIPÓCRITA .

Chelo Pampillón

Presidenta FEGATEA

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1