O Colexio de Psicoloxía insta a que os centros educativos estean capacitados e sexan o suficientemente flexibles para acoller o alumnado prematuro

Un alumno coloca su mochila en el colegio.

Un alumno coloca su mochila en el colegio.

Os nenos e nenas prematuros son obxecto dun coidadoso seguimento por parte dos servizos sanitarios, tanto dos servizos de neonatoloxía como dos servizos de pediatría. Aínda que os avances da medicina e da tecnoloxía permitan a supervivencia de bebés nados cada vez máis cedo é evidente a incidencia de alteracións neurolóxicas que poden afectar á posterior adaptación de neno ou nena ao seu medio, incluído o educativo.

Para estes nenos e nenas con problemas ou en risco de sufrilos, o marco de actuación máis axeitado correspondente á Atención Temperá. Este servizo ten como obxectivo principal que reciban, seguindo un modelo que considere os aspectos bio-psico-sociais, todo aquilo que desde a vertente preventiva e asistencial poida potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e de benestar, posibilitando da forma máis completa a súa integración no medio familiar, educativo e social, así como a súa autonomía persoal.

Pero ademais da Atención Temperá é preciso que o sistema educativo estea capacitado e sexa o suficientemente flexible para acollelos a todos e todas e favorecer o seu óptimo desenvolvemento.

Sabemos que o desenvolvemento cognitivo dun neno/a que naceu de xeito prematuro non se pode predicir; cada prematuro é único e debe ser atendido cun programa individualizado tendo en conta os seus riscos e necesidades.

E por outra banda tamén hai evidencia suficiente sobre a relación entre prematuridade e dificultades de aprendizaxe, retraso na adquisición da linguaxe, trastornos cognitivos e/ou do rendemento escolar.

Co inicio dunha escolaridade estruturada poden poñerse de manifesto dificultades que ata agora puideron pasar desapercibidas. A escola debe situarse como un sistema facilitador e estimulador de aprendizaxe, que acolla os nenos e nenas prematuros cando realmente estean preparados/as.

Desde a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, como profesionais da psicoloxía educativa, reivindicamos unha atención á diversidade, cos recursos materiais e humanos que favorezan unha inclusión real do alumnado prematuro nos centros educativos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
1