Inma López silva e Xosé Ramón Pena reciben os premios Antón Losada Diéguez

Inma-López-Silva-

Inma López Silva.

Os escritores Inma López Silva e Xosé Ramón Pena recibiron esta mañá en Boborás os Premios Antón Losada Diéguez, nos ámbitos da creación e da investigación literaria, respectivamente.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, felicitou aos gañadores da trixésimo segunda edición do certame e recordou que esta decisión do xurado, ademais de recoñecer o traballo dos dous autores, “contribúe tamén a engrandecer e a consolidar o prestixio deste Premio Antón Losada Diéguez, que ten xa na súa nómina de premiados toda unha relación de nomes e voces fundamentais para a construción da literatura galega dos nosos días”.

VOCES FUNDAMENTAIS

“Ameixeiras, Chus Pato, Manuel Rivas, Ledicia Costas, Pablo Carpintero, Miguelanxo Murado, Ferrín, Antón Costa, Marina Mayoral, Úrsula Heinze, Torres Queiruga etc. son parte da historia destes máis de trinta anos do Losada Diéguez; persoas traballadoras da cultura galega que levan contribuído enormemente ao ámbito investigador das humanidades en Galicia, da escrita literaria e da normalización do idioma galego neste ámbito de difusión do coñecemento e da creatividade”, afirmou Anxo Lorenzo.

O pazo de Moldes foi o escenario do acto de entrega de premios, que estivo conducido polo xornalista José Manuel Rodríguez e que contou coas actuacións da Coral Polífónica Casino do Carballiño e a Banda de Gaitas Vila do Orcellón.

A Consellería de Cultura e Educación vén acompañando desde hai anos este Premio Antón Losada Diéguez, financiado pola Deputación de Ourense e polos Concello de Boborás e do Carballiño. Co fin de promover a creación literaria e a difusión da obra das autoras e dos autores galegos, a Consellería de Cultura e Educación apoia diversos certames de referencia, como o Premio de Poesía Afundación, o Premio Narrativa Breve Repsol, o Premio de Poesía Gonzalo López Abente, o Premio de Poesía Concello de Carral e o Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro.

 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada