Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago

RFGA Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.

No marco deste programa, mañá luns, 12 de xuño, ás 20:30 horas, os rapaces ofrecerán un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia, acompañados pola pianista Haruna Takebe. En primeiro lugar actuará a frautista Lola Salas, que interpretará a Sonata en Mi maior de Bach, o Capricho nº 30 “Chaccone” de Elert e Chant de Linos de André Jolivet.

A continuación o trompetista Borja Suárez tocará o Concerto para trompeta de Haydn e a Intrada para trompeta e piano de Arthur Honegger. E a cita concluirá coa intervención do violoncellista Enrique García, que achegará ao público a Sonata para violoncello e piano de Brahms, a Suite para violonchelo solo de Gaspar Cassadó e Don Quixote de Strauss.

Este ciclo de concertos continuará este mércores, xoves e venres con novas actuacións no Paraninfo da USC, protagonizadas por alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2